Na actualidade, as empresas alimentarias están a levar a cabo actuacións industriais enfocadas cara a eficiencia e o aforro enerxéticos para impulsar a súa transición verde. Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e SGS organizan este Almorzo de Traballo o vindeiro 25 de abril, ás 9.30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela), que servirá para dar a coñecer casos de boas prácticas do sector neste eido.
Este evento, complementario ao Webinar Informativo sobre o aproveitamento de Certificados de Aforro Enerxético (CAE) celebrado o pasado 4 de abril, afondará na importancia das auditorías enerxéticas, no Sistema de CAEs e os requisitos para solicitalos, e nas obrigas de aportación ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética (FNEE).
O almorzo tamén servirá para realizar unha aproximación a distintos casos de actuación de empresas recoñecidos polo Sistema CAEs, como son a Iluminación, o Cambio do Quemador ou a Recuperación de Calor. En cada caso, abordarase unha avaliación dos aforros, consistente nun exemplo de cálculo e a estimación do aforro e do posible retorno económico froito da actuación.
Para asistir a este evento é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 24 de abril ás 15.00 horas. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo circular@clusaga.org ou no teléfono 682 616 021.