Almorzo Informativo. As políticas de promoción e protección da calidade dos produtos alimentarios galegos e do fomento da I+D+i

O Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 24 de novembro o almorzo informativoAs políticas de promoción e protección da calidade dos produtos alimentarios galegos e do fomento da I+D+i”. Nesta xornada analizaranse a políticas de promoción e de protección da calidade dos alimentos e as bebidas en Galicia e da potenciación da I+D+i agroalimentaria promovidas pola Xunta de Galicia.

Programa e relator

O  evento, que será un espazo para o debate aberto entre os axentes do sector, contará coa participación de Jose Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Agacal é o instrumento básico de actuación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos, así coma da I+D+i no sector agroalimentario.

Nesta xuntanza serán obxecto de análise novidades lexislativas coma a nova Lei de calidade Alimentaria de Galicia, os plans para a promoción dos produtos de calidade diferenciada e os programas para a potenciación da I+D+i e do desenvolvemento tecnolóxico.

Inscrición

A asistencia a este evento está suxeita a inscrición previa a través deste formulario. O prazo para apuntarse finaliza o 23 de novembro ás 16.30 horas. Para máis información pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 981 556 062 ou no correo info@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 24 Novembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario