O Clúster Alimentario de Galicia e Randstad organizan o almorzo informativo “Claves da Reforma Laboral desde un punto de vista operativo”, que terá lugar o 16 de marzo ás 9.30 horas no Seminario 1 do Edificio Feuga (Campus Vida, Santiago de Compostela).
Na xornada levarase a cabo unha análise da última Reforma Laboral, que entrou en vigor o 30 de decembro do pasado 2021, a cargo de Mariola Sánchez, directora da Área Legal de Randstad; e de Andrés Menéndez, director xeral de Staffing de Randstad. Durante o encontro examinarase que implican estes cambios para as empresas, poñendo o foco nas do sector alimentario.
Entre outras medidas, a nova Reforma Laboral contempla a regulación da temporalidade excesiva, a incorporación dos ERTE coma arma para evitar os despidos, ou o uso do contrato fixo discontínuo en sectores de marcada estacionalidade, avaliando desde un punto de vista operativo a xestión da eventualidade.
Inscrición
A inscrición, que está dispoñible a continuación, é de balde, e as prazas son limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de marzo ás 16.30 horas. Para máis información pode contactar con Clusaga no enderezo info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.