Almorzo Informativo | Lei da Cadea Alimentaria: impacto no sector e retos de futuro

O obxectivo da Lei da Cadea Alimentaria foi mellorar o funcionamento e a vertebración da cadea de valor da alimentación e das bebidas, de xeito que aumentara a eficacia e competitividade do sector e menguara o desequilibrio nas relacións comerciais entre os diferentes operadores da cadea de valor. Deste xeito, representou un cambio significativo nas relacións comerciais, con implicacións para todos os actores da cadea.

Coñecedores do anterior, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a súa entidade socia, a Fundación Juana de Vega, colaboran na organización deste Almorzo Informativo, que servirá para analizar o impacto da Lei da Cadea Alimentaria dende a súa entrada en vigor, así como as súas futuras implicacións e retos para o sector. O encontro terá lugar o 7 de marzo, en horario de 9.30 a 11.30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).

A xuntanza contará coa participación de representantes de dúas entidades expertas no eido legal e responsables de revisar o cumprimento desta Lei: a directora da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) adscrita ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA); e o Servizo da Cadea Agroalimentaria, adscrito á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Para asistir é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 6 de marzo ás 15.00 horas. Para máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo unitec@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 7 Marzo 2024
Compartir
Engadir ao Calendario