Almorzo informativo. Novidades lexislativas con impacto para o sector alimentario no 2023

O 2023 preséntase cheo de retos para as empresas do sector alimentario, que necesitarán redefinir algunhas liñas estratéxicas para poder lidiar e obter utilidade daquelas normas que teñen especial impacto na contorna de alta inflación.

Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con Garrigues, organiza o Almorzo Informativo “Novidades lexislativas con impacto para o sector alimentario no 2023” o vindeiro 5 de maio, de 9.30 a 11.30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela). A xornada contará, ademais, coa participación de Jose Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Na xornada serán obxecto de análise, por parte dos expertos de Garrigues, o novo rexistro de contratos coma mecanismo de transparencia e control das relacións comerciais no sector alimentario; os efectos da Lei 18/2022 de creación e crecemento de empresas en materia de subvencións; e o fraude alimentario e responsabilidade penal das empresas.

A asistencia a esta xornada está suxeita a inscrición previa a través do seguinte formulario. O prazo para apuntarse finaliza o día 04 de maio ás 15.00h. Os detalles para asistir ao almorzo serán enviados ao correo electrónico facilitado. Para máis información pódese consultar o programa concreto ou contactar con Clusaga no teléfono 981 556 062 ou no correo administracion@clusaga.org

Event Schedule Details

  • 5 Maio 2023
Compartir
Engadir ao Calendario