Almorzo informativo “O impacto da Reforma Laboral. Evolución tras un ano de vixencia”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)Randstad organizan o almorzo informativo “O impacto da Reforma Laboral. Evolución tras un ano de vixencia”, que terá lugar o 13 de abril, de 9.30 a 11.00 horas no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).

Na xornada levarase a cabo unha análise de la última Reforma Laboral, que entrou en vigor o 30 de decembro de 2021, e do seu impacto no mercado laboral nacional e galego tras un ano de vixencia da mesma. O encontro contará coa participación de Valentín Bote, director do Instituto de Investigación Randstad Research; e de Daniel Lorenzo, director de Public Affairs en Randstad.

Entre outras medidas, a Reforma Laboral contempla a regulación da temporalidade excesiva, a incorporación dos ERTE coma arma para evitar os despidos, ou o uso do contrato fixo discontinuo en sectores de marcada estacionalidade, que será un dos puntos centrais do evento

Inscrición

A inscrición, que está dispoñible a continuación, es gratuita, e as prazas son limitadas. O prazo permanecerá aberto ata o 12 de abril ás 16.30 horas. Para máis información pode contactar con Clusaga no correo electrónico unitec@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 13 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario