Almorzo networking de innovación: “Máis aló da idea: o reto de lanzar e escalar produtos innovadores”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o próximo 27 de maio de 2026, de 09.30 a 11.30 horas, no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela un novo almorzo networking de innovación, “Máis aló da idea: o reto de lanzar e escalar produtos innovadores”.

O almorzo estará centrado en proporcionar unha visión pragmática da fase final da innovación, analizando as estratexias de deseño de produtos. Ao longo da xornada, afondarase na realidade industrial para transformar a teoría en coñecemento aplicado, compartindo aprendizaxes obtidas tras analizar casos reais de éxito e os desafíos superados polo sector.

Perspectiva do sector da man de diferentes expertos

Contaremos coa participación de empresas alimentarias, expertos en branding e packaging, así como representantes da distribución, para ofrecer unha visión integral das distintas perspectivas implicadas no lanzamento de produtos innovadores.

Inscrición e contacto

Para inscribirse, é necesario completar o formulario correspondente. Para calquera consulta adicional, poden contactar a través do correo idi@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 27 Maio 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp