O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o próximo 6 de marzo de 2026, de 09:30 a 11:30 horas no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela un novo almorzo de networking centrado en aterrizar ideas e estruturar a fase inicial do fluxo de innovación nas empresas alimentarias.
Do insight á idea: o inicio do proceso de innovación
Analizaranse enfoques prácticos que permiten activar procesos de innovación máis eficaces, aliñados coa estratexia empresarial e coas necesidades do mercado, facilitando a toma de decisións nas fases iniciais do desenvolvemento de novos produtos e solucións.
Esta sesión ofrecerá ás empresas socias unha visión práctica e accionable sobre como ordenar, priorizar e impulsar ideas innovadoras, mellorando a súa capacidade para xerar valor, reducir a incerteza nos procesos de innovación e fortalecer a súa competitividade nun contexto de mercado cada vez máis esixente e cambiante.
Perspectiva do sector da man de David Lacasa
David Lacasa, socio en Lantern, consultora de estratexia e innovación exclusiva do sector alimentario. Previamente, formou parte do equipo de BBDO Consulting, onde desenvolveu estratexias de marca e plans de marketing para marcas relevantes.
Inscrición e contacto
Para inscribirse, é necesario completar o formulario correspondente. Para calquera consulta adicional, poden contactar a través do correo idi@clusaga.org









