O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 25 de novembro de 2025, de 09.30 a 11.00 horas no Palacio del Carmen de Santiago de Compostela un novo almorzo de networking centrado nas tendencias de consumo en alimentación para 2026.
Nesta edición, Rosario Pedrosa, Xerente da Área de Estratexia Comercial e Márketing en AECOC, presentará as principais dinámicas que marcarán o sector da alimentación no vindeiro ano, abordando os cambios no comportamento do consumidor e as estratexias que as empresas están a desenvolver para adaptarse a un contexto económico en transformación.
A sesión ofrecerá unha visión práctica e global sobre como innovar, conectar co consumidor e anticiparse ás novas demandas do mercado, permitindo ás empresas aliñar as súas estratexias cos retos e oportunidades que se aproximan. Será tamén unha ocasión única para que as empresas socias de Clusaga amplíen coñecementos e insights en materia de marketing, así como para compartir experiencias e aprendizaxes arredor dos mercados e o consumo.
Rosario Pedrosa conta con máis de 20 anos de experiencia no sector do gran consumo. Dirixe a plataforma AECOC Shopperview, que realiza máis de 20 estudos anuais sobre tendencias de consumo e compra, e é responsable do Comité de Estratexia Comercial e Márketing, así como do Congreso AECOC deste ámbito.
Para inscribirse, é necesario completar o formulario correspondente. Para calquera consulta adicional, poden contactar a través do correo global@clusaga.org.









