Obxecto da axuda
Subvencións para o apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), inscritas no Rexistro de AEI do Ministerio de Industria e Turismo para mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
Organismo convocante
Convocado polo Ministerio de Industria e Turismo e a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e da pequena e mediana empresa.
Beneficiarios
Gran empresa, pemes e persoas físicas que desenvolvan actividade económica.
Actividades elixibles
- Actuacións de apoio ao funcionamento de Agrupacións Empresariais Innovadoras (Liña 1) en canto a posta en marcha e desenvolvemento das estructuras de coordinación e xestión das AEI «incipientes» mediante o financiamento de parte dos custos do persoal e dos gastos de administración e funcionamento.
- Estudos de viabilidade técnica (Liña 2).
- Proxectos de Tecnoloxías Dixitais (Liña 3) que deberán incorporar o desenvolvemento de actividades innovadoras en cooperación encadradas nos seguintes epígrafes:
- Actividades de investigación industrial.
- Actividades de desenvolvemento experimental.
- Innovación en materia de organización.
- Innovación en materia de procesos.
Gastos elixibles
Os gastos teñen que estar relacionados co desenvolvemento da actividade a financiar:
- Gastos de persoal técnico.
- Gastos de persoal administrativo.
- Gastos de autónomo dependente da AEI solicitante.
- Gastos de colaboracións externas.
- Gastos de aloxamento.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo: Subvención e entrega dineraria sen contraprestación en concorrencia competitiva.
- Contía:
- 70.000€ para a Liña 1.
- 50.000€ para a Liña 2.
- Dentro da Liña 3: 350.000€ para proxectos cuxa actividade implique investigación industrial e 300.000€ para proxectos cuxa actividade implique o desenvolvemento experimental.
- Intensidade:
- Nas actividades de investigación industrial a subvención que poderá recibir cada beneficiario poderá chegar ao 50 por 100 da súa base subvencionable. Este porcentaxe poderá aumentarse nos seguintes supostos ata alcanzar un máximo do 80 % dos custos subvencionables:
- En 10 puntos porcentuais se é unha mediana empresa.
- En 20 puntos porcentuais se é unha pequena empresa.
- En 15 puntos porcentuais no caso de que os resultados do proxecto se difundan amplamente, por fontes abertas.
- Nas actividades de desenvolvemento experimental a subvención que poderá recibir cada beneficiario poderá chegar ao 25 por 100 da súa base subvencionable. Este porcentaxe poderá aumentarse nos seguintes supostos ata alcanzar un máximo do 60 % dos custos subvencionables:
- En 10 puntos porcentuais se é unha mediana empresa.
- En 20 puntos porcentuais se é unha pequena empresa.
- En 15 puntos no caso de que os resultados do proxecto se difundan amplamente, por fontes abertas.
- Nas actividades de innovación en materia de organización e nas actividades de innovación en materia de procesos a subvención que poderá recibir cada beneficiario poderá chegar ao 50 por cento da súa base subvencionable no caso das PEMES, e ao 15 % no caso das grandes empresas, sempre e cando as grandes empresas colaboren de maneira efetiva con PEMES e se as PEMES corren cun mínimo do 30 % do total dos custos subvencionables.
Presentación de solicitudes
Podes presentar a túa solicitude ata o 30 de xullo de 2025 ás 18h a través de: https://www.mintur.gob.es/portalayudas