Obxecto da axuda
Axudas para a atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, destinadas a financiar proxectos de investimento empresarial en Galicia mediante investimentos produtivos e creación de emprego.
Organismo convocante
Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
Beneficiarios
Pequenas e medianas empresas que realicen investimentos nun centro de traballo localizado en Galicia.
Para os efectos das bases consideraranse PEMES aquelas empresas que, na data de solicitude, cumpran a definición establecida no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e que teñan forma xurídica de sociedade mercantil, cooperativa ou persoa autónoma.
Actividades elixibles
Modalidades de actuación:
1. Proxectos de investimento empresarial (I.1)
- Investimentos de entre 800.000 € e 10.000.000 €.
2. Proxectos de investimento con creación de emprego (I.2)
- Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 € con creación de 25 ou máis postos de traballo indefinidos a tempo completo.
Tipoloxía de proxectos subvencionables:
- Creación dun novo establecemento.
- Ampliación da capacidade dun establecemento existente.
- Diversificación da produción dun establecemento existente.
- Cambio fundamental no proceso global de produción.
Na modalidade I.2 só se admiten as tipoloxías de creación de novo establecemento e ampliación de capacidade.
Gastos elixibles
Investimentos subvencionables vinculados ao proxecto, incluíndo:
Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
- Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións.
- Reformas en inmobles alugados.
- Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas.
- Cambio de localización dentro de Galicia, con límites por taxación.
- A obra deberá ser executada e facturada por terceiros, non sendo subvencionable a compra directa de materiais.
Bens de equipamento:
- Maquinaria de proceso.
- Instalacións técnicas específicas.
- Utillaxe (moldes, troqueles, plantillas).
- Equipos produtivos.
- Medios de transporte interno e vehículos especiais vinculados á actividade.
Outros investimentos en activos fixos:
- Mobiliario.
- Equipos para procesos de información.
- Envases ou embalaxes considerados inmobilizado.
Aplicacións informáticas:
- Software directamente vinculado ao proceso produtivo (amortizable, adquirido a terceiros non vinculados, afecto ao proxecto durante polo menos 3 anos).
Adquisición de activos dun establecemento:
- Activos de establecementos pechados ou que pecharían sen a adquisición (cumprimento das condicións de mercado, ausencia de subvención previa, adquisición a terceiros non relacionados co comprador).
Quedan excluídos:
- Investimentos en reposición ou mera substitución de elementos.
- Custos de traslado de bens de equipamento que sexan xa propiedade da empresa.
- Custos de adaptación á normativa vixente, salvo os directamente relacionados cos elementos obxecto de investimento.
- Adquisición das instalacións nas que a solicitante desenvolve a súa actividade en réxime de aluguer ou dereito de uso.
- Custos de formación no uso dos elementos obxecto de investimento.
- Custos de demolición de edificios ou estruturas illadas non integradas nun proxecto de reforma ou rehabilitación.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
Orzamento da convocatoria: 33.470.000 €.
Intensidade da axuda:
- 35 % para pequenas empresas.
- 25 % para medianas empresas.
Base de cálculo:
- Modalidade I.1: investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.
- Modalidade I.2: custos salariais de ata 24 meses do novo emprego creado en proxectos con 25 ou máis postos indefinidos a tempo completo.