Destinado a apoiar Iniciativas Estratéxicas Sectoriais de Innovación Empresarial no marco do Programa Estatal de Liderazgo Empresarial en I+D+i do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) publicou a axuda do programa “Misións Ciencia e Innovación”.
O seu obxectivo é apoiar a grandes iniciativas estratéxicas, intensivas en I+D e desenvolvidas en colaboración público privada, que incorporen as tendencias e retos científico-técnicos máis recentes para identificar e resolver os desafíos de sectores produtivos críticos para a economía española. Os ámbitos definidos son os seguintes:
·Enerxía segura, eficiente e limpa para o século XXI.
·Mobilidade sustentable e intelixente.
·Promover un gran sector agroalimentario sustentable e saudable.
·Promover a industria española na revolución industrial do século XXI.
·Dar unha resposta sostible ás enfermidades e necesidades derivadas do envellecemento.
Os beneficiarios poden ser agrupacións de empresas de dúas categorías:
·Misións “Grandes Empresas”: grupo formado por entre 3 e 8 socios, dos cales polo menos un debe ser pemes e dirixido por unha gran empresa.
·Misións “PEME”: grupo formado por entre 3 e 6 socios, todos eles pemes e dirixido por unha empresa mediana.
Trátase dunha subvención en concorrencia competitiva. Subvención ata os límites máximos de intensidade: 65% Gran Empresa, 75% Mediana Empresa e 80% Pequena Empresa. Para cada proxecto e beneficiario, o límite de intensidade da axuda virá dado polo peso de cada tipo de actividade (investigación industrial ou desenvolvemento experimental) e pola intensidade máxima que corresponda en cada caso.
Deben ser proxectos plurianuais desenvolvidos en calquera comunidade autónoma española.
·Misións “Grandes Empresas”: Orzamento mínimo subvencionable de 5.000.000 € e máximo de 10.000.000 €; Orzamento mínimo subvencionable por empresa de 175.000 €.
·Misións “PEME”: Orzamento mínimo subvencionable de 1.500.000 € e máximo 3.000.000 €; Orzamento mínimo subvencionable por empresa de 175.000 €.
Ata o 11/06/2020.