O ámbito material da presente orde comprende o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pymes e startups, que sirvan para impulsar o crecemento empresarial en materia de transformación dixital, desenvolvemento e incorporación de tecnoloxías emerxentes, transformación cara unha economía baixa en carbono, ou a incorporación de modelos de economía circular.
Convocado polo Ministerio de Industria e Turismo e pola Fundación EOI e financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
As axudas desta convocatoria van dirixidas a empresas con domicilio fiscal en España, que teñan a condición de PYME e que vaian a desenvolver un proxecto de innovación aberta co asesoramiento e apoio dunha startup.
A Innovación Aberta enténdese como unha estratexia de innovación baixo a cal as empresas van máis alá dos límites internos da súa organización e onde a cooperación con profesionais externos pasa a ter un papel fundamental.
Serán elexibles:
a) Proxectos para a xeneración de innovación a través da resolución de retos tecnolóxicos de empresas, sectores, ciudades e/ou misióms que sirvan para romper brechas sociais, xeneracionais, e territoriais.
b) Actuacións de asesoramento en materia de innovación no ámbito tecnolóxico, co obxectivo de dar resposta a retos plantexados en empresas que buscan a innovación aberta mediante solucións baseadas en tecnoloxías disruptivas.
c) Actuacións encamiñadas a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes.
d) Actuacións de demostración, adaptación e personalización de diversas tecnoloxías, probas e experimentación con tecnoloxías dixitais, transferencia de coñecementos e tecnoloxía, tests de validación, probas de concepto, produción de prototipos etc.
a) Custes directos de execución, que inclúen os seguintes:
1.º Costes de persoal: Poderán imputarse gastos tanto de persoal con contrato laboral como de persoal autónomo que, ostentando a condición de accionista ou socio da entidade beneficiaria, preste servicios profesionais nela sen estar vinculado por unha relación laboral.
2.º Custes de instrumental e material inventariable, na medida e durante o período no se utilice para o programa;no caso de que o instrumental e o material non se empreguen en toda a su vida útil para o programa, únicamente se considerarán subvencionables os custes de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo cos principios contables xeralmente aceptados.
3.º Os custes de material e productos similares, que se deriven directamente da actividade vinculada ao programa.
4.º Aluguer de instalacións ou edificacións destinadas ao desenvolvemento da actividade, así como o aluguer de maquinaria ou equipos de terceiros requiridas para a execución da actividade vinculada ao programa.
5.º Os gastos de aloxamento, locomoción e viaxes serán financiables únicamente no caso de reunións ou actos convocados expresamente para o desenvolvemento do programa.
6.º Os gastos de contratación de servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación na medida en que estén dedicados ao proxecto de innovación do programa.
7.º O gasto derivado do informe realizado por un auditor, inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, cando se requira a súa aportación na fase de xustificación.
b) Custes indirectos, entendidos como gastos que non están vinculados ou nno poden vincularse directamente cunha actividade específica en cuestión. Entre estes custes inclúense, por exemplo, gastos de teléfono, auga ou electricidade.
Estes custes calcúlanse a un tipo fixo do 15 % dos co¡ustes directos de persoal subvencionables.
Sólo podreán considerarse financiables aqueles conceptos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade a financiar e resulten estrictamente necesarios, con base na descripción das actuacións aportada na memoria de solicitude.
a) Axudas económicas en forma de subvención que permitan ás empresas facer fronte aos custes derivados do proceso de innovación, as cales non poderán ser superior a 40.000 euros por empresa beneficiaria.
b) Axudas en especie que consisten nun programa de acompañamento para as empresas beneficiarias, con asesoramento individualizado e formación específica sobre aqueles aspectos clave para abordar o obxetivo plantexado, e que non poderán ser superiores a 10.000 euros, por empresa beneficiaria, no seu equivalente a subvención bruta.
A intensidade da axuda concedida será do cen por cen do importe bruto dos custes subvencionables do proxecto, ata os máximos establecidos anteriormente.
As solicitudes dirixiranse á Fundación EOI.
Esta convocatoria ten carácter de réxime de concorrencia competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será dende a publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) ata o 31 de outubro de 2024.