Axuda IGAPE acceso á financiación. Reaval 2026 (IG257)

Obxecto da axuda

Convocatoria de apoio financeiro dirixida ás pequenas e medianas empresas (pemes) de Galicia para facilitar o acceso ao crédito bancario mediante préstamos avalados, garantías e reavais, co obxectivo de financiar investimentos produtivos, circulante estrutural e avais técnicos fronte a terceiros, favorecendo o seu crecemento e liquidez.

Organismo convocante

Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

Beneficiarios

Tipo de entidade

  • Pequenas e medianas empresas (pemes), conforme á definición da EU.
  • Inclúe:
    • Persoas físicas empresarias / autónomos
    • Persoas xurídicas (sociedades mercantís)
    • Cooperativas e sociedades laborais
    • Agrupacións de empresas, cando así se prevexa na normativa aplicable.

Ámbito territorial

  • Empresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  • A operación financeira avalada debe estar vinculada á actividade económica en Galicia.

Situación da empresa

As entidades solicitantes deben:

  • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non atoparse en situación de crise, segundo a definición da normativa europea de axudas de Estado.
  • Non estar incursas en prohibicións para obter a condición de beneficiarias (art. 13 da Lei Xeral de Subvencións).
  • Non ter pendentes procedementos de reintegro nin sancións firmes en materia de subvencións.

Relación coa axuda

  • Deben formalizar (ou estar en proceso de formalización) unha:
  • Operación de préstamo,
  • Aval financeiro,
  • Aval técnico, cunha entidade financeira e/ou SGR adherida ao programa.
  • A axuda non se concede de forma directa, senón asociada a unha operación financeira concreta.

Consideracións importantes

  • A concesión da axuda está condicionada á viabilidade da operación financeira e á aceptación do risco por parte da SGR e da entidade financeira.
  • O acceso á axuda non implica concesión automática do préstamo ou aval.
  • A axuda está suxeita ao réxime de axudas de minimis, polo que se terá en conta o límite acumulado por empresa.

Actividades elixibles

  • Operacións de financiamento empresarial destinadas a investimentos produtivos.
  • Circulante estrutural.
  • Avais técnicos ou de operación fronte a terceiros.

As operacións deberán formalizarse con entidades financeiras e/ou sociedades de garantía recíproca (SGR) adheridas ao programa.

Gastos elixibles

  • Custos financeiros asociados a préstamos avalados.
    • Custos derivados de avais financeiros ou técnicos.
    • Bonificacións de comisións de aval e/ou do tipo de xuro.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Orzamento total: 19.000.000 €.

Préstamos avalados

  • Importe: entre 3.000 € e 1.000.000 €.
  • Prazo: de 3 a 15 anos.
  • Carencia: ata 2 anos.
  • Tipo de xuro: fixo ou variable (máx. IRS/Euribor + 1,8 puntos).
  • Comisión de aval SGR: inferior ao 1,25 % anual.

Garantías / avais técnicos

  • Importe: entre 3.000 € e 1.000.000 €.
  • Prazo: de 3 a 5 anos.
  • Comisión de aval SGR: inferior ao 1,25 % anual.

A axuda materialízase mediante bonificacións financeiras e/ou reavais do Igape de ata o 25 % do risco asumido pola SGR.

Está suxeita ao réxime de axudas de minimis.

Presentación de solicitudes

Prazo: Do 26/01/2026 ao 30/09/2026.

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp