Axuda para o apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) 2023

Obxecto da axuda

Subvencións para o apoio ás agrupacións empresariais Innovadoras (AEI), inscritas no Rexistro de AEI do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, co obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.

Organismo convocante

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Beneficiarios

Agrupacións empresariais Innovadoras inscritas no Rexistro regulado pola Orde IET/1444/2014, do 30 de xullo, e membros delas.

Para as actuacións previstas relativas aos estudos de Viabilidade Técnica, poderán participar 2 ou máis AEI, incluíndo a AEI solicitante.

Para as actuacións relativas a proxectos de tecnoloxías dixitais a participación nos proxectos estará suxeita ós seguintes requisitos:

  • Poderán participar nestes proxectos as AEI e as entidades asociadas a elas cuxas inscricións no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo se atopen vixentes na data de publicación de cada convocatoria.
  • As solicitudes de axudas serán sempre presentadas por unha única AEI que actuará como solicitante e como interlocutora co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os efectos da xestión das axudas.
  • En todas as actuacións exixirase a participación dun mínimo de dous PEMES ademais da AEI solicitante da axuda.

Por último, a contribución de calquera dos participantes no proxecto para a liña 2 e liña 3 non poderá ser inferior ao 10 % do orzamento subvencionable, coa excepción da AEI solicitante cuxa contribución mínima estará no 4 %.

A contribución das entidades que non cumpran os criterios establecidos na definición de PEME do artigo 2.3 non poderá ser superior ao 70% do orzamento total subvencionable.

Actividades elixibles

Estudos de viabilidade técnica (Liña 2) enfocados á definición de proxectos destinados a seren presentados a futuras convocatorias dos seguintes programas: (i) o programa de AEIs a través da Liña 3 de “Proxectos de Tecnoloxías Dixitais”; (ii) Horizonte Europa.

Proxectos de Tecnoloxías Dixitais (Liña 3). para o desenvolvemento de novos produtos, procesos ou servizos ou melloralos nas seguinte categorías: actividades de investigación industrial (creación de compoñentes de sistemas complexos, prototipos, así como liñas piloto);  actividades de desenvolvemento experimental (creación de prototipos, a demostración, proxectos piloto, ensaio e validación);  innovación en materia de organización(organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa;  innovación en materia de procesos: a aplicación dun método canto a técnicas, equipos ou programas informáticos).

As prioridades temáticas nas que se encadra o proxecto poderán ser:

  • Aplicacións de xestión intraempresa/interempresa na industria manufacturera: Solucións de negocio e intelixencia; plataformas colaborativas.
  • Comunicacións e tratamento masivo de datos na cadea de valor do sector manufactureiro: Solucións de fabricación que abordan métodos, xeramentas de desenvolvemento para sistemas intensivos en datos e/ou aplicacións altamente distribuídas; sistema de visualización e integración de datos.
  • Procesos de fabricación: fabricación aditiva, robótica avanzada, sensores e sistemas embebidos.

O prazo de execución máximo será de 12 meses e non se concederán prórrogas

Gastos elixibles

(i) Gastos de persoal técnico(ii) Colaboracións externas (exclúese entidades que pertenzan a calquera das AEI inscritas, o custo de colaboracións externas non poderá superar o 60% da base subvencionable dos gastos de persoal de cada participante);  (iii) Gastos de viaxes interurbanas e aloxamento

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: Subvención en réxime de concorrencia competitiva
  • Contía: para cada proxecto ou actuación serán:
    • Estudos de Viabilidade Técnica (Liña 2): 75.000 euros. Ata 100.000 euros no caso de que participen 2 ou máis AEI, incluíndo á AEI solicitante.
    • Proxectos de Tecnoloxías Dixitais (Liña 3)
      • 500.000 euros – 3.000.000 euros para proxecto de investigación industrial.
      • 000.000 euros – 1.500.000 euros para proxecto de desenvolvemento experimental
      • 000 euros – 550.000 euros para proxecto de innovación en materia de organización ou innovación en materia de procesos
    • Intensidade de axuda: ata o 50% dos gastos considerados subvencionables (Liña 2) e no caso da Liña 3:

Actividades de investigación industrial: a subvención que poderá recibir cada beneficiario poderá chegar ao 50% da base subvencionable. Esta porcentaxe poderase aumentar ata alcanzar un máximo do 80 % dos custos subvencionables: (i) en 10 puntos porcentuais si el participante é unha mediana empresa; (ii) en 20 puntos se é pequena empresa; (iii) en 15 puntos se os resultados se difunden por medios).

Actividades de desenvolvemento experimental: poderá chegar ao 25% da súa base subvencionable. Esta porcentaxe poderase aumentar nos seguintes supostos ata alcanzar un máximo do 60 % dos custos subvencionables: (i) en 10 puntos porcentuais mediana empresa; (ii) en 20 puntos pequenas; (iii) en 15 puntos no caso de que os resultados do proxecto se difundan).

Actividades de innovación en materia de organización e nas actividades de innovación en materia de procesos: poderá chegar ao 50% da súa base subvencionable no caso das PEMES, e ao 15 % no caso das grandes empresas, sempre e cando as grandes empresas colaboren de maneira efectiva con PEMES e se as PEMES corren cun mínimo do 30 % do total dos custos subvencionables.

Presentación de solicitudes

Data límite para presentar solicitudes: 15/05/2023. Forma de tramitación: rexistro electrónico do Ministerio, ao que se accede a través da sede electrónica do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Event Schedule Details

  • 15 Maio 2023
Compartir
Engadir ao Calendario