Obxecto da axuda
O obxectivo da convocatoria é mellorar aspectos no ámbito tecnolóxico e ecolóxico e incrementar a eficiencia enerxética e a contribución á economía circular por parte da flota e do complexo mar-industria.
Organismo convocante
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Subsecretaría de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Beneficiarios
Pódense acoller a esta axuda:
- As sociedades mercantís de carácter individual con personalidade xurídica propia, con independencia do seu tamaño (pymes e grandes empresas), que desenvolvan unha actividade industrial de transformación do sector dos productos da pesca e da acuicultura en calquera punto do territorio nacional, e que non formen parte do sector público.
Actividades elixibles
Poderanse financiar proxectos aplicables a unha actividade industrial de transformación no sector dos produtos da pesca e da acuicultura que respondan ás seguintes temáticas:
- Eficiencia enerxética: Contribuíndo ao incremento da eficiencia enerxética ou redución do impacto no ambiente, incluído o tratamento de residuos.
- Economía circular: Axudando, entre outros, á transformación de capturas de peixe comercial que non se destine ao consumo humano e transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
- Uso eficiente da auga.
- Novos productos e/ou envases: impulsando a dixitalización integral e mellorando a optimización de procesos e sistemas de xestión e organización.
- Rastrexabilidade.
- Seguridade, hixiene, saúde e condicións de traballo.
Gastos elixibles
- Aparellos e equipamentos: adquisición de activos fixos materiais vinculados aos obxectivos do proxecto e ao proceso productivo directa ou indirectamente.
- Edificación e instalacións: investimentos materiais para a adecuación de naves industriais existentes, así como das súas instalacións.
- Activos inmateriais: investimentos en activos vinculados á transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, «know-how» ou coñecementos técnicos non patentados.
- Colaboracións externas: Só poderanse utilizar consultorías asociadas á xestión, tramitación e xustificación do financiamento solicitado na contía que non supere o 0,5 % da subvención concedida, a memoria de avaliación substantiva das actuacións do proxecto e o informe de auditor de contas.
- A memoria de avaliación substantiva das actividades do proxecto, que determine o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo».
Gastos non subvencionables
- Os custos de adquisición de activos fixos de segunda man.
- Adquisición de empresas.
- Impostos indirectos.
- Os gastos financeiros derivados do pagamento adiado de investimentos ou doutros motivos, os investimentos en terreos, locais e obra civil e os gastos de despregamento de infraestruturas para prestación de servizos.
- Custos de persoal propio.
- Os pagamentos realizados fóra do periodo comprendido entre a solicitude da axuda e a data de finalización do proxecto.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Subvención en concorrencia competitiva
- Contía: O importe total da concesión de axuda por beneficiario e por cada un dos anos 2024, 2025 e 2026 non superará os 2,5 millóns de euros. O importe máximo total da axuda por proxecto non superará os 5 millóns de euros.
- Intensidade: A intensidade máxima da axuda será do 50 por cento dos gastos elixibles. Para que un proxecto sexa elixible debe contar cun importe de actuacións financiables superior a 1,5 millóns de euros.
Presentación de solicitudes
A partir do día 5 de setembro e ata o día 16 de outubro de 2024.