Axudas a actuacións de fortalecemento industrial do sector agroalimentario (PERTE do Sector Agroalimentario)

Obxecto da axuda

O PERTE do Sector Agroalimentario busca a transformación da cadea de valor agroalimentaria a través de tres obxectivos xerais (mellora da competitividade, a sustentabilidade e a trazabilidade e seguridade alimentaria) e un obxectivo transversal (a contribución ao reto demográfico).

Organismo convocante: Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR)

Beneficiarios

  • Agrupacións sen personalidade xurídica propia que teñan establecido acordo de agrupación.
  • As agrupacións deberán de formar parte da cadea de elaboración, manipulación ou transformación dun ou varios produtos agroalimentarios
  • Das 4 entidades que como mínimo deben formar parte da agrupación, polo menos unha será unha gran empresa e un mínimo de 3 pequenas ou medianas empresas; tamén serán válidas aquelas agrupacións constituídas só por pemes, sempre que dúas delas sexan medianas empresas.
  • En canto á implantación deberá ter un ámbito xeográfico que abrangua polo menos a dúas comunidades autónomas.

Actividades elixibles

Cada agrupación poderá presentar un único proxecto tractor, que estará conformado por un conxunto de proxectos primarios individuais e en cooperación, a través dos cales estean cubertas as actuacións definidas en tres bloques: competitividade, trazabilidade e seguridade alimentaria.

1.Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: Proxectos de investigación industrial; Proxectos de desenvolvemento experimental; Proxectos de innovación en materia de organización; Proxectos de innovación en materia de procesos.

2.Liña de innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética: Inversións con carácter innovador destinadas á protección do medio ambiente; Inversións con carácter innovador en medidas de aforro enerxético ou enerxías renovables.

Gastos elixibles

1.Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación:

  • Custos de persoal.
  • Custos de instrumental e material inventariable.
  • Custos de investigación contractual.
  • Gastos xerais (máximo do 15% dos custos de persoal do proxecto).

2.Liña de innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética:

  • Aparatos e equipos de produción.
  • Edificación e instalacións
  • Activos inmateriais
  • Colaboracións externas.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: subvención, préstamo ou unha combinación de préstamo e subvención
    • O tipo de interese dos préstamos será o 0% e outorgaranse cun prazo de amortización de dez anos, con tres de carencia. Ademais, o desembolso da axuda será previo á execución dos proxectos adxudicatarios desta convocatoria do PERTE Agroalimentario.
    • As garantías para a axuda en forma de subvención varían do 40% ao 100% en función da axuda que reciba cada entidade respecto da axuda total outorgada ao proxecto tractor.
    • No caso da axuda en forma de préstamo, as garantías que se esixirán dependerán da calificación financeira establecida, e poderán variar do 10% ata o 20%.
    • Para as entidades de nova creación esixiranse unhas garantías do 100% do importe da axuda en forma de subvención e do 41% do importe da axuda en forma de préstamo.
  • Contía: dende 7.500.000 ata 40.000.000 euros
  • Intensidade da axuda: como máximo do 80% sobre o orzamento subvencionable
  • Orzamento subvencionable: mínimo 10 millóns de euros por proxecto tractor e para cada proxecto primario mínimo 100.000 euros

Presentación de solicitudes

Desde o 23/01/2023 ata o 15/03/2023 a través da sede electrónica do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Event Schedule Details

  • 15 Marzo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario