Axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios (ASG) nas pemes galegas (IG288)

Obxecto da axuda

Posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora dos factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) cuxo obxectivo sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, conseguindo reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e redución na xeración de residuos, subprodutos ou desfeitos, coa tendencia de converter os desperdicios en recursos de uso noutros procesos produtivos.

Organismo convocante

IGAPE

Beneficiarios

  • As Pequenas e Medianas empresas poderán solicitar proxectos individuais.
  • Para poder solicitar proxectos colectivos haberá que constituír unha agrupación de empresas.
  • Non poderán acceder a esta subvención empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.

Actividades elixibles

Os proxectos poderán ser individuais ou colectivos.

Os proxectos propostos deben dirixirse a un ou varios dos 18 obxectivos que se agrupan en 4 tipoloxías: globais, ambientais, sociais ou gobernanza.

  • Globais:
  • Auditoría e avaliación de riscos ASG: proxectos de identificación, diagnóstico e propostas de xestión de riscos relacionados con factores ASG.
  • Consultoría e certificación de empresa B Corp.
  • Ambientais:
  • Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados.
  • Mellora da eficiencia enerxética (sistemas de control e optimización intelixente de consumos, excluído todo o relacionado con fontes, xeradores ou produción enerxética).
  • Monitorización e control de procesos.
  • Medición, monitorización e redución de pegada de carbono e pegada hídrica.
  • Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos.
  • Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos.
  • Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes.
  • Consultoría e certificación e eco-deseño: ISO 14006.
  • Incorporación de criterios de sostibilidade nas compras.
  • Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sostible baseadas no principio “de principio a fin”.
  • Sociais
  • Diversidade e inclusión: elaboración de plans de fomento dun entorno de traballo inclusivo e diverso, promoción da igualdade de oportunidades e da diversidade en todos os niveis da empresa.
  • Ética laboral: propostas de prácticas laborais xustas e éticas para asegurar condicións de traballo seguras e respetuosas.
  • Elaboración de programas de investimento na Comunidade: participación en actividades que beneficien ás comunidades locais, programas de educación, saúde ou desenvolvemento comunitario.
  • Gobernanza
  • Estrutura das xuntas directivas: análise e propostas do establecemento da xunta directiva diversa e independente que supervise e guíe as decisións estratéxicas da empresa.
  • Transparencia financeira: propostas de mellora da información financeira e a súa divulgación para garantir a transparencia.
  • Ética empresarial: desenvolvemento de códigos de conduta empresarial que promovan a ética e a integridade en todas as operacións.

Gastos elixibles

Só se poderán subvencionar os seguintes conceptos de gasto:

  1. Sensores, equipos e sistemas para a medición, monitorización, seguimento e control de parámetros produtivos e ambientais.
  2. Hardware e software intelixente para procesamento da información cando sirva ao aforro de insumos e de consumo de recursos hídricos ou enerxéticos ou ben para a redución da produción de residuos.
  3. Nova maquinaria e bens de equipo, únicamente para a reutilización ou reciclaxe in situ de residuos producidos nos procesos da empresa.
  4. Servizos de consultoría externa de carácter tecnolóxico, de deseño de procesos ou produtos máis eficientes ou organizativos: asistencia técnica, eco-deseño, reenxeñaría de procesos, programas de responsabilidade social ou propostas dirixidas á mellora da gobernanza, xestión de riscos ASG ou cara á certificación B Corp. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e, polo tanto, non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outros non vinculados directamente ao obxecto da economía circular previstos no proxecto.

Non se poderá levar a cabo ningún gasto antes da solicitude. Os bens obxecto da inversión deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

O importe máximo da subvención será de 200.000 € para proxectos colectivos e 60.000 € para proxectos individuais.

Para proxectos SÓ de consultoría o límite será de 25.000 € para proxectos colectivos e de 30.000 € para proxectos individuais.

Os proxectos terán que ter un mínimo de 12.000 € de gasto subvencionable para os individuais e de 10.000 € por participante para os colectivos.

A intensidade da axuda será a seguinte para cada concepto subvencionable:

  • 35 % das inversións materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25 % para as medianas.
  • 50 % dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas.

As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán aportar unha contribución financeira a estas, exenta de calquera tipo de apoio público, dun mínimo do 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

*Esta subvención é incompatible con outras axudas para o mesmo proxecto.

Presentación de solicitudes

Ata o 15 de setembro do 2024 ás 14:00 h.

Event Schedule Details

  • 15 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario