Axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular para o ano 2023

Obxecto da axuda

Axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular, susceptibles de ser cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e convocalas para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva

Organismo convocante

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Beneficiarios

Pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

Actividades elixibles

Proxectos para o desenvolvemento da economía circular cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e productos finais, conseguindo reduccións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminución na xeración de refugallos, subproductos ou desperdicios, coa tendencia de converte-los refugallos en recursos de uso en  outros procesos productivos.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

  1. Proxectos colectivos (mínimo de tres empresas independentes, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador).
  2. Proxectos individuais nos que participa unha peme

Os proxectos propostos, tanto na modalidade a) como na b), deben dirixirse a un ou varios dos seguintes obxectivos:

  • Redución do consumo de recursos no proceso productivo: de recursos naturais, materias primas e semielaborados, mellora da eficiencia enerxética, monitorización e control de procesos, así como medición, monitorización e redución de folla de carbono e folla hídrica.
  • Reduci-la xeración de residuos no proceso productivo, a perigosidade destes e/ou facilita-la súa reutilización, valorización e/ou reciclaxe: Clasificación e/ou valorización de residuos e subproductos, deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes
  • Análise do ciclo de vida do produto: Incorporación de criterios de sustentabilidade nas compras e análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sustentable
  • Identificación e implementación de novas oportunidades de negocio que persigan a reutilización e reparación dos produtos
  • Outros: Servitización, reacondicionamento, remanufactura, reparación avanzada, e creación de cadeas de valor máis curtas

Gastos elixibles

Activos materiais e inmateriais, que para seren subvencionables débense contabilizar nunha conta contable do grupo 2): sensores, equipos e sistemas para a medición, monitorización, seguimento e control de parámetros productivos e ambientais, hardware e software intelixente cando sirva o aforro de insumos e de consumo de recursos hídricos ou enerxéticos ou ben para a redución da producción de refugallos,  así como os gastos de desenvolvemento do dito software, equipos destinados á reutilización ou reciclaxe in situ de refugallos producidos nos procesos da empresa

Servicios de consultoría externa de carácter tecnolóxico, de deseño de procesos ou productos máis eficientes, ou organizativo (que para seren subvencionables se debe contabilizar nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica, eco-deseño, reinxería de procesos

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: subvención en réxime de concorrencia competitiva.
  • Contía:000 € para proxectos colectivos e de 75.000 € para proxectos individuais.
  • Gasto subvencionable mínimo: 000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos
  • Intensidade de axuda: A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas. A subvención será do 50% dos gastos servizos de consultoría subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas

Presentación de solicitudes

Data límite para solicitudes: 1/02/2023 – 28/02/2023. Forma de tramitación: a través da aplicación establecida no enderezo da internet

Event Schedule Details

  • 28 Febreiro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario