Axudas a pemes para a contratación de profesionais da Transformación Dixital no marco da Axenda España Dixital 2026. Programa Axentes do Cambio

Obxecto da axuda

Axudas do programa Axentes do Cambio, destinadas a pequenas e medianas empresas para subvencionar parcialmente os custos salariais da contratación de profesionais da transformación dixital, considerados axentes do cambio.

Organismo convocante

Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital

Beneficiarios

Pequenas e as medianas empresas que sexan persoas xurídicas e cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español. Considerarase que unha empresa é unha pequena ou unha mediana empresa cando se axuste ao disposto no anexo I do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión.

Os requisitos para obter a condición de beneficiario son:

  • Estar dado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria Foral
  • Non ter a consideración de empresa en crise
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social
  • Encontrarse ó corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións anteriores
  • Non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común
  • Non estar incurso en ningunha outra das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003
  • Non superar o límite de axudas de minimis conforme o disposto no artigo 2 da orde xunta

As obrigas dos beneficiarios son:

  • Cómunicarlle ao Órgano Concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para o mesmo gasto subvencionable, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais
  • Registrar na súa contabilidade, nun código contable diferenciado
  • El beneficiario garantirá o pleno cumprimento do principio de «non causar dano significativo» (principio Do No Significant Harm-DNSH)

Actividades elixibles

Poderán ser considerados axentes do cambio elixibles aquelas profesionais que cumpran coa condición específica en canto a formación e experiencia profesional para poder ser considerado elixible. Para iso, deberá:

  • dispoñer do título acreditativo de ter superado o curso correspondente ao programa «Xeración Dixital: Axentes do cambio» desenvolvido pola Escola de Organización Industrial (EOI).
  • estar inscritos no directorio de axentes do Cambio (accesible desde a plataforma acelera peme) e facilita-los seguintes documentos: autorización da cesión de datos, declaración de que non teñan un control de empresas que se beneficiasen das axudas no marco do programa Axentes do Cambio e compromiso de colaboración co Órgano Concedente e as entidades colaboradoras.

Gastos elixibles

Serán parcialmente subvencionables os custos salariais efectivamente incorridos para a primeira contratación dun axente do cambio polo beneficiario contado desde a validación do contrato polo órgano concedente; os contratos susceptibles de axuda deben cumpri-los seguintes requisitos:

  • A contratación deberase realizar por conta allea axustándose ao marco normativo vixente en materia laboral
  • Os contratos deberanse celebrar na modalidade indefinida a tempo completo e polo salario que corresponda conforme a normativa laboral
  • O contrato establecerá as cláusulas e condicións da relación entre o axente do Cambio e o beneficiario
  • Subvencionarase exclusivamente a contratación de axentes do cambio que se encontren en situación de desemprego no momento en que teña lugar a contratación

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: subvención destinada a financiar parcialmente a contratación de axentes do cambio e os custos salariais derivados que se outorgará mediante o procedemento de concorrencia non competitiva.
  • Axuda incompatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos
  • Contía: importe máximo de 1.000 euros mensuais ata o límite máximo de 20.000 euros nun prazo máximo de 20 meses consecutivos contados desde a formalización do contrato por beneficiario.

Presentación de solicitudes

Prazo para presentar solicitudes: 25/04/2023 – 25/07/2023. Tramitación no Rexistro na plataforma de Acelera Peme xestionada pola Entidade Pública Empresarial Red.es. Así mesmo, na mesma plataforma deberase realizar o test de madurez dixital previamente á solicitude.

Event Schedule Details

  • 25 Xullo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario