Axudas destinadas a financiar proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración entre empresas e organismos de investigación, do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, Subprograma Estatal de Transferencia de Coñecemento, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Ministerio de Ciencia e Innovación
O proxecto deberá contar coa participación dun mínimo de dúas entidades, sendo obrigatorio que unha das entidades participantes sexa un organismo de investigación público ou privado.
O solicitante e representante da agrupación de entidades que presente o proxecto deberá ser unha empresa.
Proxectos de desenvolvemento experimental de índole científica, tecnolóxica ou empresarial con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servicios novos ou mellorados (creación de prototipos, elaboración de proxectos piloto, ensaio e validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados).
Consideraranse as actividades de I+D+i conformes coa guía técnica sobre a aplicación do principio de “non causar un perxuicio significativo” que dean lugar a resultados tecnolóxicamente neutros, con baio impacto ambiental centrados no desenvolvemento de alternativas co menor impacto ambiental posible no sector.
Custes directos (gastos de persoal, custos de mobilidade, custos de adquisición, aluguer, arrendamento financeiro, mantemento, reparación e amortización de activos materiais, (instrumental, equipamento científico-técnico e informático) e activos inmateriais, material funxible, custos de solicitude de dereitos de propiedade industrial e intelectual, custos de investigación contractual, custos de asesoramento e formación de persoal.
Custos indirectos (gastos reais de execución da actuación que non poidan imputarse de forma directa quedando excluidos o IVA e outros impostos indirectos coma o IGIC ou o IPSI.