Axudas a startups 2025, MINIMIS PESCA (IG408G)

Obxecto da axuda

Fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos no sector económico da pesca e acuicultura.

Organismo convocante

Convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Beneficiarios

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Teñen que desenvolver un proxecto de emprendemento innovador que conte cun modelo de negocio escalable.

Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir, ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:

  • Dispor da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
  • Acreditar a cualificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT). – Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimatech, Turislab, Galicia Avanza).
  • Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spin off das Universidades, dos Centros de FP ou de Centros Tecnolóxicos.
  • Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.
  • Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

Actividades elixibles

Iniciativas empresariais emerxentes innovadoras no territorio español.

Estas bases están aliñadas coas estratexias galegas de especialización intelixente (RIS3), de economía circular, de cambio climático e enerxía e de economía social.

Gastos elixibles

Poderán ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia. O importe mínimo subvencionable deberá acadar 10.000 €. Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.

Os investimentos deberán manterse na empresa beneficiaria durante un período mínimo de 2 anos a contar dende a data da resolución de concesión da axuda

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Concesión directa – canónica. Concorrencia non competitiva.
  • Contía: Mínimo de 10.000€ e máximo de 20.000 €
  • Intensidade da axuda: 100%

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 nos tres anos previos á concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000€ nos tres anos previos á concesión da axuda e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000€ nos tres anos previos á concesión da axuda.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da startup solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través de Igape antes do 30/09/25.

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario