Axudas a startups (IG296)

Obxecto da axuda

Fomentar a actividade das startups galegas subvencionando os gastos e investimentos nos que incorran dende o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda.

Organismo convocante

IGAPE

Beneficiarios

  • Startups galegas ou con centro de traballo en Galicia: persoas xurídicas, incluíndo empresas de base tecnolóxica creadas segundo a Lei 14/2011, con menos de cinco anos dende a súa inscrición no Rexistro Mercantil (ou sete anos en casos específicos).
  • Condicións para ser considerada startup: debe cumprir requisitos de innovación e escalabilidade.
  • Condicións de acceso ás axudas:
  • Certificación de ENISA segundo a Lei 28/2022.
  • Cualificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia (IEBT).
  • Participación en procesos de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia.
  • Acreditación como Spin-off de Universidades, Centros de FP ou Centros Tecnolóxicos.
  • Inscrición no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou empresa xove innovadora, respectivamente.
  • Obtención da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica por ANCES.

Actividades y gastos elixibles

Importe mínimo de gasto subvencionable de 10.000 €.

  • As inversións en activos fixos (materiais ou inmateriais) deben ser novos, propiedade do beneficiario, adquiridos a terceiros non asociados nin vinculados á entidade solicitante.
  • Os provedores non poden ter asociación nin vinculación coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
  • Os investidores deben manterse na empresa beneficiaria durante polo menos 3 anos dende a data da resolución de concesión da axuda.
  • Non serán subvencionables impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.
  • Os gastos subvencionables non poden superar o valor de mercado en ningún caso.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo: Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Cuantía: Concederase unha axuda do 100% ata un máximo de 20.000 € para os gastos realizados (devengados e pagados) pola startup durante o período subvencionable.

Presentación de solicitudes

Fecha de finalización: 30 Septiembre as 14:00h

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario