Subvención para startups galegas ou con centro de traballo en Galicia para financiar gastos e investimentos vinculados á súa actividade en Galicia, realizados desde o 01/01/2026 ata a data de solicitude.
Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
Startups, segundo a Lei 28/2022, galegas ou con centro de traballo en Galicia, que ademais cumpran as seguintes condicións:
a) Ser de nova creación ou, non sendo de nova creación, non ter transcorrido máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil ou no rexistro de cooperativas competente da escritura pública de constitución.
b) Non xurdir dunha operación de fusión, escisión ou transformación de empresas que non teñan a consideración de empresas emerxentes, incluíndo os supostos de concentración ou segregación.
c) Non distribuír nin ter distribuído dividendos ou retornos no caso das cooperativas.
d) Non cotizar nun mercado regulado.
e) Ter a súa sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España.
f) Ter o 60 % do persoal cun contrato laboral en España. Nas cooperativas computaranse, para os únicos efectos do citado porcentaxe, os socios traballadores e os socios de traballo cunha relación de natureza societaria.
g) Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador cun modelo de negocio escalable, segundo o previsto no artigo 4.
Ademais, deberá cumprir unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:
• Dispoñer da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
• Acreditar a cualificación de Iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
• Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimatech, Turislab, Galicia Avanza).
• Acreditar mediante certificado o carácter de spin-off das universidades, dos centros de FP ou dos centros tecnolóxicos.
• Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
• Dispoñer da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou nova empresa innovadora.
• Dispoñer da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).
• Calquera gasto ou investimento vinculado á actividade da startup en Galicia, cos límites e condicións establecidos.
• Investimentos en activos novos, en propiedade, adquiridos a terceiros sen vinculación, debendo manterse o investimento durante un período mínimo de 2 anos.
Non subvencionables
• Impostos, xuros, gastos financeiros e taxas.
Os gastos e investimentos vinculados á actividade da startup en Galicia, conforme aos límites e condicións establecidos na convocatoria (coa excepción de imposos, xuros, gastos financeiros ou taxas).
Orzamento da convocatoria: 1.500.000 €.
Intensidade da axuda: 100 % do gasto subvencionable.
Subvención máxima: 20.000 € por startup.
Importe mínimo subvencionable: 10.000 €.
Prazo: do 28/01/2026 ao 30/09/2026.









