Axudas a startups para o ano 2025

Obxecto da axuda

A axuda pretende fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos nos que incorran dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.

Organismo convocante

Convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Beneficiarios

  • Startups galegas
  • Startups cun centro de traballo en Galicia.

Deben desenvolver un proxecto de emprendemento innovador que conte cun modelo de negocio escalable.

Actividades elixibles

  • Especialización intelixente (RIS3)
  • Economía circular
  • Cambio climático e enerxía
  • Economía social

Gastos elixibles

Poderán ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia.

Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Concesión directa – canónica. Subvención.
  • Contía: O importe mínimo subvencionable deberá alcanzar os 10.000 €.
  • Intensidade da axuda: Concederase unha axuda do 100% ata un máximo de 20.000 € para os gastos e investimentos realizados (facturados e pagados) pola startup durante o período subvencionable

Presentación de solicitudes

O prazo de solicitudes comeza o 20 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2025 a través de la Oficina Virtual do Igape.

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario