Axudas aos investimentos en equipamento en Galicia

Obxecto da axuda

Apoiar a empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipo ou sistemas informáticos.

Organismo convocante

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

Beneficiarios

Empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción de:

  • A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
  • A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.

Actividades elixibles

Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles incorridos pola empresa durante o período subvencionable, que abrangue desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o remate das actuacións propostas, que non deberá superar en ningún caso o 10 de decembro de 2024.

Cada empresa, por cada centro de traballo, só poderá presentar unha solicitude de axuda.

Gastos elixibles

  • Compra de maquinaria ou bens de equipo.
  • Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (softwarehardware).

Tipo, contía e intensidade da axuda

Subvencións en réxime de concorrencia NON COMPETITIVA.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito.

O importe mínimo de custo subvencionable total deberá ser de 40.000 €.

Axuda do 40% ata un máximo de 300.000 € para os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable.

Presentación de solicitudes

Prazo de presentación: desde 07/08/2024 a 10/10/2024 ou ata esgotamento do crédito.

Event Schedule Details

  • 10 Outubro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario