O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Dirección Xeral de Industria e Pequena e Mediana Empresa) convoca axudas públicas en réxime de concorrencia competitiva para prestar apoio económico ás pequenas e medianas empresas co obxectivo de mellorar a competitividade, a través da Agrupacións Empresariais Innovadoras.
Obxectivo da axuda: Promover o fortalecemento de agrupacións empresariais que cumpran as características, fins e requisitos das Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI).
Tipo de axuda: subvención en réxime de concorrencia competitiva.
Beneficiarios: As asociacións empresariais innovadoras que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e para as actuacións en colaboración, ademais destas, tamén os membros da AEI.
Tipos proxectos
- Liña 1. Actuacións de apoio ao funcionamento de Agrupacións Empresariais Innovadoras: Poderán optar AEI recientemente constituídas, en proceso de consolidación, cunha antigüidade dun máximo de 4 anos desde a súa data de constitución.
- Liña 2. Estudos de viabilidade técnica: enfocados na definición dos proxectos que se pretenden presentar a futuras convocatorias do (i) Programa de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras a través da Liña 3 de “Proxectos de Tecnoloxía Dixital”; ou (ii) programa “Horizonte Europa”.
- Liña 3. Proxectos de Tecnoloxías Dixitais: Os proxectos que se presenten neste apartado deberán incorporar coñecementos e/ou tecnoloxías que promovan a transformación dixital das empresas que os realicen no marco das categorías (i) actividades de investigación industrial; (ii) actividades de desenvolvemento experimentais; (iii) innovación organizativa; ou (iv) innovación de procesos.
Contías máximas dos proxectos
As contías máximas para cada proxecto ou actuación serán as seguintes:
- 70.000 euros para actuacións na Liña 1
- 50.000 euros para actuacións da Liña 2. Este límite poderá incrementarse ata os 70.000 euros se participan 2 ou máis AEI, incluída a AEI solicitante.
- Para actuacións na liña 3:
- 450.000 euros se o proxecto corresponde ao desenvolvemento dunha actividade innovadora relacionada coa investigación industrial. Este límite poderá incrementarse ata os 500.000 euros se participan 2 ou máis AEI, incluída a AEI solicitante, ou se participan 3 ou máis pemes, sen contar a AEI solicitante.
- 400.000 euros se o proxecto corresponde ao desenvolvemento dunha actividade innovadora relacionada co desenvolvemento experimental. Este límite poderá incrementarse ata os 450.000 euros se participan 2 ou máis AEI, incluída a AEI solicitante, ou se participan 3 ou máis pemes, sen contar a AEI solicitante.
- 200.000 euros se o proxecto corresponde ao desenvolvemento dunha actividade innovadora relacionada coa innovación en materia de organización ou de innovación en materia de procesos. Este límite poderá incrementarse ata os 250.000 euros se participan 2 ou máis AEI, incluída a AEI solicitante, ou se participan 3 ou máis pemes, sen contar a AEI solicitante.
Importe total a conceder: 8.000.000 € para a convocatoria AEI 2022.
Prazo de execución do proxecto: A data de inicio da actuación non poderá ser anterior ao día de presentación da solicitude no rexistro do Ministerio. O prazo máximo de execución será de 10 meses e non se concederán prórrogas.
Prazo de presentación de solicitudes: 18 de marzo de 2022.