Axudas de Formación: Bonos Talento Empresa (TR302D)

Obxecto da axuda

Os Bonos Talento Empresa teñen como finalidade a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional do seu persoal.

Organismo convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Beneficiarios

Microempresas e pequenas empresas, así como as entidades do terceiro sector da acción social, e persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas a seu cargo a persoas traballadoras por conta allea.

Actividades elixibles

Os ámbitos formativos inclúen:

  • Competencias dixitais, dende a dixitalización básica ata a adquisición de competencias e coñecementos técnicos avanzados.
  • Competencias vinculadas á xestión empresarial, incluíndo competencias de xestión de persoas e equipos, xestión eficiente dos recursos, a toma de decisións e a planificación estratéxica.
  • Procesos industriais, incluíndo a manipulación de maquinaria especializada, coñecementos e técnicas do ámbito da construción, técnicas de soldadura, …
  • Competencias de prestación de servizos a clientes, tanto vinculadas á promoción, venda e compra de produtos ou servizos.
  • Competencias do ámbito asistencial, incluíndo a prestación de coidados, técnicas e coñecementos sanitarios, de diagnóstico ou de medicina preventiva.

Gastos elixibles

Todos aqueles derivados das accións formativas de carácter non formal de curta duración, destinadas a contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras ocupadas por conta allea da entidade.

Cada acción formativa debe durar entre 16 e 100 horas. A entidade pode solicitar un proxecto formativo que conteña un máximo de tres accións formativas. O gasto máximo subvencionable de cada acción formativa calcúlase mediante a suma de dous factores:

  1. 16,21 euros por hora de formación multiplicados polo número de empregados da entidade que participan na acción formativa.
  2. 16,82 euros por hora de formación para cubrir os salarios dos empregados que participan na acción formativa, multiplicados polo número de empregados da entidade que participan na formación.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

A cantidade máxima da subvención por entidade solicitante non poderá ser superior a 25.000 €.

A intensidade máxima da axuda solicitada está limitada ao 70 % do gasto subvencionable.

Presentación de solicitudes

Prazo de presentación aberto ata o 03/11/2023 ás 23:59.

Event Schedule Details

  • 3 Novembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario