Estas axudas teñen por obxecto o impulso da innovación aberta a través de casos de éxito de colaboración empresa & startup, que axuden ao crecemento e transformación dixital das empresas vinculadas a calquera sector mediante o traballo de resolución dos retos de innovación.
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Empresas cuxa actividade se refira a calquera sector (CNAE 2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril), exceptuando os sectores indicados no artigo 1 desta convocatoria, con enderezo fiscal na comunidade autónoma de Galicia, que teñan a condición de PEME e que vaian desenvolver un proxecto de innovación aberta co asesoramento e apoio dunha startup.
Quedan excluídos, en aplicación do establecido no artigo 3.2 da orde de bases as empresas vinculadas aos seguintes sectores:
As empresas beneficiarias deberán: pór á disposición do programa os medios necesarios para o correcto desenvolvemento deste e realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda, comunicarlle á Fundación EOI calquera alteración ou incidencia, asegurarse de que toda a información e documentos presentados, desde a solicitude ata a xustificación, son certos, estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e obrigas tributarias, Conservar as facturas completas e todos os documentos acreditativos, comunicar á Fundación EOI a obtención doutras axudas, proceder ao reintegro da axuda nos supostos desenvolvidos no artigo 23 desa convocatoria.
Ademais, de dar a adecuada publicidade da orixe da axuda outorgada, prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España e comprobar que a startup cumpre cos requisitos para considerala startup.
Desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pemes e startups, que sirvan para impulsar o crecemento empresarial como o asesoramento en materia de innovación en transformación dixital, desenvolvemento e incorporación de tecnoloxías emerxentes, transformación cara a unha economía baixa en carbono ou incorporación da economía circular no modelo de negocio da peme, co obxectivo de dar resposta a retos formulados en empresas que buscan a innovación aberta mediante solucións basadas en tecnoloxías emerxentes como intelixencia artificial, internet das cousas, tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información, computación de alto rendemento, blockchain, procesamento de linguaxe natural, ciberseguridade, realidade aumentada, realidade virtual, robótica colaborativa, entre outras.
Data límite para solicitudes ata o 21/04/2023. Forma de tramitación a través da sede electrónica.