Axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento
Obxecto da axuda
Estas axudas están destinadas a promover actividades acuícolas sostibles, reforzando a competitividade da produción acuícola e garantindo ao mesmo tempo que as actividades sexan medioambientalmente sostibles a longo prazo.
Organismo convocante
Convocada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Beneficiarios
Modalidade A:
- As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima.
- Persoas propietarias da embarcación como as persoas armadoras.
- Persoas que creen por primeira vez na Comunidade Autónoma de Galicia unha microempresa ou pequena empresa acuícola como titulares da mesma.
Modalidade B: neutralidade climática.
As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima.
Modalidade C: servizos de asesoramento.
- As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima.
- Entidades asociativas do sector acuícola.
Actividades elixibles
Modalidade A:
- Investimentos para unha acuicultura economicamente viable, competitiva e atractiva.
- Mellora e construción das infraestruturas dependentes das explotacións acuícolas e asociadas directamente ás súas instalacións.
- Protección das instalacións fronte a adversidades climáticas, alteracións do entorno e auga, escapes, depredadores etc.
- A creación de empresas acuícolas por parte de novas persoas acuicultoras para impulsar o espírito empresarial e favorecer o relevo xeracional.
Modalidade B: axudas destinadas a contribuír á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, o incremento da eficiencia enerxética e a reconversión a fontes de enerxía renovables.
Modalidade C: axudas destinadas a mellorar o rendemento, a competitividade e a sustentabilidade das explotacións acuícolas a través dos servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións.
Gastos elixibles
- Modalidade A: Investimentos produtivos e creación de empresas:
- Investimentos produtivos na acuicultura e/ou modernización dos centros acuícolas.
- Investimentos que favorezan a automatización e dixitalización de procesos.
- Investimentos para optimizar os procesos, recursos e residuos a través da economía circular.
- Investimentos para mellorar a calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.
- Investimentos para diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.
- Investimentos co obxecto de mellorar as condicións de traballo e de seguridade dos traballadores/as do sector acuícola.
- Investimentos co obxecto de diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias como acuiturismo e restaurantes, e o desenvolvemento de valores socioculturais, educativos e de recuperación de lugares emblemáticos e de valor cultural como casas salineiras, muíños de mareas, etc.
- Adquisición ou modernización dos barcos auxiliares para a explotación da acuicultura.
- Investimentos en infraestruturas asociadas á instalación acuícola ou espazos portuarios.
- Investimentos en ferramentas e infraestruturas que faciliten o acceso a recursos.
Modalidade B: Neutralidade climática:
- Investimentos que contribúan á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, a reconversión das empresas acuícolas incrementando a eficiencia enerxética.
- Investimentos en sistemas e/ou modelos de acuicultura que contribúan á mitigación e adaptación ao cambio climático
Modalidade C. Servizos de asesoramento:
- As necesidades en materia de autorización e de xestión para permitir ás explotacións acuícolas cumprir coa normativa da Unión Europea e a lexislación nacional.
- A elaboración de estudos e informes recollidos na normativa de aplicación para a posta en marcha da actividade e para o seu seguimento.
- As normas sobre saúde e seguridade laboral.
- A comercialización e as estratexias empresariais.
- As necesidades en materia de requirimentos administrativos.
- O apoio técnico para mellorar a competitividade das instalacións e a súa sustentabilidade ambiental.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo: Concorrencia competitiva – canónica.
- Contía e intensidade de axuda:
Modalidades A e B: a contía máxima da axuda será o 50% do gasto total subvencionable para as operacións executadas por pemes e do 40% no caso de grandes empresas, ata un límite máximo de 25.000.000,00 € de axuda por beneficiario.
Modalidade C: a contía máxima da axuda será o 50% do gasto total subvencionable da operación.
- Intensidade da axuda: O importe do gasto total subvencionable será o que se obteña da valoración dos custos do proxecto con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes técnicos emitidos.
É financiado polo FEMPA nun 70 % e polo Estado membro (CA de Galicia) nun 30 %.
Presentación de solicitudes
Prazo de solicitude entre o 11 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2025.