Obxecto da axuda
Axudas a proxectos de I+D desenvolvidos por empresas e destinados á creación e mellora significativa de procesos produtivos, produtos ou servizos.
Organismo convocante
CDTI-E. P.E.
Beneficiarios
Empresas que estean validamente constituídas teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España, e desenvolvan un proxecto de I+D en España.
Poderán ser beneficiarios de axudas a proxectos en colaboración (tipoloxía b e c) os consorcios integrados por empresas, que deberán ser formalizados mediante acordo privado de colaboración.
Nos proxectos orientados (tipoloxía h) só poderán ser beneficiarias aquelas empresas que se atopen, polo menos, nunha situación comparable a unha cualificación crediticia de B (satisfactoria).
Actividades elixibles
- Os proxectos de I+D son proxectos orientados á creación e/ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo que poden comprender tanto actividades de investigación industrial como de desenvolvemento
- Non existe ningunha restrición en canto ó sector ou á tecnoloxía que se vai desenvolver.
- As tipoloxías de proxectos de I+D son:
- Proxectos de I+D Individuais (tipoloxía a): proxectos nacionais presentados por unha única empresa.
- Proxectos de I+D de Cooperación (tipoloxía b): proxectos nacionais presentados por un consorcio dun mínimo de dous e un máximo de seis empresas, polo menos dúas delas autónomas
- Proxectos CIEN (tipoloxía c): grandes proxectos nacionais de investigación industrial orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional
- Proxectos de I+D de Cooperación Tecnolóxica Internacional (tipoloxía d) presentados por empresas españolas participantes en programas de cooperación tecnolóxica internacional xestionados polo CDTI: d.1) Programas multilaterais EUREKA, IBEROEKA e PRIMA. d.2) Programas bilaterais3) Programa de proxectos internacionais con certificación e seguimento unilateral por CDTI
- Proxectos de I+D de Cooperación Tecnolóxica Europea (tipoloxía e) relacionados coa potenciación da capacidade tecnolóxica das empresas españolas para participar en: e.1) Proxectos Importantes de Interese Común Europeo (PIICE), e.2) Proxectos das (dúas) Iniciativas Tecnolóxicas Conxuntas (JTI), e.3) Proxectos derivados de Partenariados de Horizonte Europa.
- Proxectos de I+D de Capacitación Tecnolóxica para a participación en licitacións internacionais ou nacionais (tipoloxía f) relacionados coa potenciación da capacidade tecnolóxica das empresas españolas para participar en licitacións de proxectos e programas xestionados por organizacións internacionais
- Proxectos de I+D para o desenvolvemento de tecnoloxías duais (tipoloxía g): relacionados coa capacitación tecnolóxica das empresas españolas para licitar en materia de Defensa e Seguridade.
- Proxectos de I+D Orientados (PO) (tipoloxía h): proxectos de I+D de tipo individual, a nivel nacional por unha única empresa orientados á eficiencia e sustentabilidade dos sistemas de produción, enerxías renovables e hidróxeno verde, tecnoloxías e arquitectura alternativas, fotónica integrada e chips cuánticos.
- Outros: Proxectos de I+D en convocatorias específicas
Gastos elixibles
- Gastos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar)
- Custos de instrumental e material
- Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes
- Gastos xerais suplementarios derivados do proxecto de investigación.
- Outros gastos de explotación, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares, gasto derivado do informe realizado polo auditor (límite máx. 2.000 euros por beneficiario e fito), gastos de xestión e coordinación do proxecto (límite 6.000 euros por beneficiario e fito), así como o gasto derivado da obtención dun informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH polas súas siglas en inglés) mediante entidade acreditada por ENAC.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Axuda Parcialmente Reembolsable composta por un tramo reembolsable e un tramo non reembolsable
- Orzamento mínimo financiable: 000 euros/empresa e para:
- Proxectos CEN (tipoloxía c): 5.000.000 – 20.000.000 euros
- Proxectos PO (tipoloxía i): 2.000.000 euros – 30.000.000 euros
- Proxectos de I+D de cooperación (tipoloxía b e c): ningunha empresa autónoma do consorcio poderá superar o 70% do orzamento total do proxecto
- Intensidade de axuda: ata o 85% do orzamento aprobado.
- Pódense subcontratar actividades a outras empresas, organismos de investigación, centros tecnolóxicos e infraestruturas científicas e técnicas singulares (ICTS) ou organismos públicos. As colaboracións externas non poderán superar o 65% do orzamento elixible con carácter xeral.
- A empresa deberá achegar, polo menos, o 15% do orzamento do proxecto con recursos propios.
- Prazo de amortización de 10 ou 15 anos
- O CDTI poderá requirir a constitución de garantías
- A empresa poderá optar a un anticipo do 35% da axuda con límite de 250.000 euros, sen exixencia de garantías adicionais.
- A empresa poderá solicitar un anticipo dun 50% ou dun 75% da axuda concedida, sempre que achegue avais de entidades de crédito ou de sociedades de garantía recíproca (SGR)
Presentación de solicitudes
Data límite para presentar solicitudes: aberta todo o ano. Forma de tramitación na sede electrónica de CDTI.