Obxecto da axuda
As axudas terán como finalidade mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade.
Organismo convocante
Convocado pola Consellería do Medio Rural.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias da intervención de inversións:
- As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzcan ou comercialicen os productos contemplados no anexo VII ou que, como consecuencia da execución da operación obxeto da solicitude de axuda, comecen esa producción ou comercialización. As empresas deberán estar constituidas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
- As organizacións de productores vitivinícolas.
- As asociacións de dous ou máis productores, con personalidade xurídica, dos productos mencionados no anexo VII.
- As organizacións interprofesionais.
- As organizacións profesionais.
Actividades elixibles
A axuda ás inversións poderá consistir en operacións:
- Anuais, que afectarán ao exercicio financieiro seguinte ao exercicio financieiro no que se peche o prazo de presentación de solicitudes de axuda.
- Bienais, que afectarán aos dous exercicios financieiros seguintes ao exercicio financieiro no que se se peche o prazo de presentación de solicitudes de axuda.
Sólo serán elixibles as operacións con un presuposto de inversión solicitada igual ou superior a 100.000€.
As operacións contribuirán, polo menos, a un dos obxetivos estratéxicos seguintes:
a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.
b) Fomento da sustentabilidade social.
c) Fomentar os procesos sostibles dende o punto de vista medioambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables, aproveitamento de subproductos, tratamento e valorización de residuos e efluentes.
d) Fomentar a certificación medioambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.
e) Fomentar a producción ecolóxica.
f) Fomentar os productos acollidos a réxime de calidade e os pagos de uva por calidade.
g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.
h) Favorecer a participación de persoas viticultoras e elaboradores na cadea de valor.
i) Fomentar as inversións en comercialización.
j) Fomentar a innovación e a implantación de novos productos e novas presentacións.
Gastos elixibles
Serán subvencionables os custos das seguintes accións:
- Construcción, adquisición ou mellora de bens inmobles.
- Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do producto.
- Gastos administrativos, sempre que en conxunto non superen o 4% dos custos subvencionables totais da operación. Poderán incluir
- Gastos administrativos vinculados aos gastos contemprados nas letras a e b, tales como honorarios de arquitectura, enxeñería e asesoría, así como estudios de viabilidade.
- Gastos administrativos contraídos en relación coa preparación, execución ou seguimento da operación.
- Adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e adquisición de patentes, licencias, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo: concurrencia competitiva canónica.
- Orzamento total da convocatoria: 11.626.000,00 €
As axudas consistirán nunha contribución aos custos incurridos na operación aprobada. Poderán alcanzar as porcentaxes máximas de axuda da inversión subvencionable indicados a continuación:
- Microempresas, pequenas e medianas empresas: 40%
- Empresas non PYMEs con menos de 750 persoas empregadas ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. €: 20%
- Empresas non PYMEs con 750 ou máis persoas empregadas e cuxo volume de negocio sexa igual ou superior a 200 mill. €: 10%
Presentación de solicitudes
Para a presentación das solicitudes poderase empregar cualquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365 (Chave365). Só poderá presentarse unha solicitude por establecemento e convocatoria.
As solicitudes deberán presentarse antes do 1 de febreiro de cada ano.