Axudas mediante o desenvolvemento de produtos e servizos tecnolóxicos para espazos de datos

Obxecto da axuda

Trátase de axudas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) para impulsar e facer máis competitiva a oferta de productos e servizos necesarios para o despregamento dos espazos de datos en todos os sectores económicos e para todos os intervenientes nos ecosistemas de compartición de datos.

Organismo convocante

Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.

Beneficiarios

a) Empresas e asociacións empresariais de carácter público ou privado, independentemente da súa forma xurídica, que exerzan unha actividade económica.

b) Organismos de investigación e difusión de coñecementos de carácter público ou privado.

Actividades elixibles

Serán obxecto de axuda os tipos de proxectos agroalimentarios de desenvolvemento experimental que comprende a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e capacidades científicos, tecnolóxicos, empresariais e de outros tipos existentes co obxectivo de desenvolver produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os produtos, procesos ou servicios dixitais.

El desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a realización piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados en contornas representativas de condicións reais de funcionamento.

Gastos elixibles

a) Gastos de persoal: investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar, na medida en que estean dedicados ao proxecto.

b) Custos de instrumental e material inventariable, na medida e durante o período no que se empregue para o proxecto.

c) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licencia de fontes externas en condicións de plena competencia, así como os custos de consultaría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva ao proxecto.

d) Gastos xerais directamente derivados do proxecto, nos que se poderá imputar ata un 15 % dos custos de persoal do proxecto, os gastos de capacitación do persoal en tecnoloxías asociadas ao proxecto e gastos destinados á protección mediante propiedade industrial dos activos intanxibles obtidos durante o desenvolvemento do proxecto.

e) Outros gastos de explotación adicionais, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Concorrencia competitiva – canónica.
  • Contía: Os proxectos terán un presuposto financiable mínimo de 300.000 € e máximo de 1.000.000€.
  • Intensidade:
    • Empresa non peme: Ata o 25 % do custo subvencionable do proxecto.
    • Mediana empresa: Ata o 35 % do custo subvencionable do proxecto.
    • Pequena empresa: Ata o 45 % do custo subvencionable do proxecto.

Presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende as 9:00 horas do día 20 de decembro de 2024 ata as 14:59 horas do día 31 de xaneiro de 2025.

As solicitudes se presentarán a través do formulario habilitado na Sede Electrónica asociada do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública (https://sedediatid.digital.gob.es).

Event Schedule Details

  • 31 Xaneiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario