Axudas Neotec 2024

Obxecto da axuda

Apoiar a creación de empresas de base tecnolóxica con vocación de crecemento, contribuír ao emprendemento e acelerar a transferencia de coñecemento desde organismos de investigación públicos e universidades.

Organismo convocante

CDTI

Beneficiarios

  • Pequenas empresas innovadoras.
  • Ata tres anos de antigüidade.
  • Capital social mínimo: 20.000 euros.

Actividades elixibles

  • Financiar a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiren o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía.
  • Primar cunha maior intensidade de axuda aquelas propostas que inclúan a contratación de persoas con grao de doutor, co fin de reforzar a capacidade de xeración e absorción de coñecemento nas empresas.
  • Reforzar o apoio a proxectos empresariais liderados por mulleres, para fomentar a igualdade no emprendemento en empresas de base tecnolóxica.
  • As axudas poderán destinarse a proxectos empresariais en calquera ámbito tecnolóxico e/ou sectorial. Sen embargo, non se adecúan a esta convocatoria os modelos de negocio que se baseen principalmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia.
  • Financiaranse os custos derivados da posta en marcha dun novo proxecto empresarial de empresas innovadoras, sempre que estean incluídos no plan de empresa e sexan necesarios para o desenvolvemento do mesmo.

Gastos elixibles

  • Inversiones en equipos.
  • Gastos de persoal.
  • Colaboracións externas / asesoría.
  • Outros custos: alugueiros, subministracións, cánones e licenzas, gastos de solicitude e mantemento de patentes e outros dereitos de propiedade industrial, seguros e outros gastos. Tamén serán subvencionables os custos derivados do informe de auditoría, cun límite máximo de 2.000 euros por beneficiario e ano.

Igualmente, serán subvencionables os gastos de promoción e difusión, así como os gastos de formación, previstos no Anexo II.

A subcontratación poderá alcanzar ata o porcentaxe máximo do 50% do presuposto financiábel.

Os gastos subvencionables nos que incurra o beneficiario nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Concurrencia competitiva con prazos de presentación.

Tipo de axuda: Subvención.

Orzamento da convocatoria: 20.000.000 euros. Reserva orzamentaria mínima de 5.000.000 euros destinados a proxectos liderados por mulleres.

Características da axuda:

Subvencións ata o 70% do presuposto elegíbel da actuación, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.

As actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor, nos termos previstos no Anexo I da convocatoria, poderanse financiar ata o 85% do presuposto elegíbel da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario.

Posibilidade de acceder a un curso no “Enterprise Innovation Institute” da Universidade de Xeorxia (Atlanta, EEUU) para reforzar a capacitación da empresa. A cantidade da axuda poderase incrementar ata 10.000 euros nas actuacións que soliciten esta formación, e cumpran os requisitos, indicados no Anexo II da convocatoria.

Tras ditar a resolución de concesión definitiva, o beneficiario poderá solicitar o pago anticipado de ata o 60% da subvención concedida para o proxecto, cun máximo de 150.000 euros.

Características do proxecto:

Orzamento mínimo financiábel: 175.000 euros.

Actuacións anuais ou plurianuais. Deberán iniciarse o 1 de xaneiro de 2025 e rematar como máximo o 31 de decembro de 2025 (anuais) ou de 2026 (plurianuais).

Presentación de solicitudes

Convocatoria aberta ata o 10 de maio de 2024, ás 12:00 horas.

Event Schedule Details

  • 10 Maio 2024
Compartir
Engadir ao Calendario