Facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior –priorizando aos mozos sen ou con pouca experiencia e aos sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización pondo á disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
Instituto Gallego de Promoción Económica (IGAPE)
Empresas que cumpran os seguintes requisitos:
As persoas solicitantes que o desexen teñen á súa disposición a bolsa de xestores de internacionalización do Igape, da que forman parte profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial. Esta bolsa de xestores de internacionalización está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos.
Establécense tres perfís de xestor por idade. A intensidade da axuda irá acorde co dito perfil:
En caso de que a titulación universitaria do xestor non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das opcións seguintes: i. Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período superior a seis meses; ii. Máster de comercio exterior; iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional; iv. Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
Os xestores deben contar con titulación universitaria, con titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional, ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
Tódolos xestores deberán cumpri-las condicións xerais e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape, como moi tarde, na fase de acreditación da contratación
Desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que a persoa solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.
Se a persoa solicitante previu desenvolver máis dun proxecto pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no cuestionario de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos, delimitando e diferenciando o proxecto que se vai desenvolver por cada xestor.
Será subvencionable o salario bruto por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, agás contratos de alta dirección.
Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración de seis meses. A persoa solicitante deberá establecer no cuestionario de solicitude a data de fin do proxecto de comercio exterior e a duración aproximada do contrato para o cal solicita subvención. O período máximo subvencionable do proxecto de comercio exterior será o refestido na resolución de concesión.
Cando sexa necesaria a substitución do xestor, a duración do novo contrato será, como mínimo de seis meses, salvo que o prazo para finalizar a execución do proxecto fose inferior.
O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución de concesión de axuda, sen que poida ser inferior a seis meses nin superior aos dezaoito meses.
O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio en Galicia para o ano 2021, que segundo os datos da AEAT que constan no IGE ascendería a 19.238 €/ano (1.603,16 €/mes con rateo de pagas extra, sen incluír os custos extrasalariais).
custo subvencionable:
Data límite para presentar solicitudes o 5/06/2023. Forma de tramitación a través da aplicación da Oficina Virtual do Igape.