Obxecto da axuda
Subvencións destinadas a proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) no ámbito da produtividade e sustentabilidade agrícola. Convócanse estas axudas para o ano 2023, baixo un réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, co código de procedemento MR331B. Non se financiarán proxectos de investigación básica ou independente.
Organismo convocante
Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
Beneficiarios
- As entidades beneficiarias poden ser persoas físicas ou xurídicas, incluíndo administracións públicas, que formen parte dun grupo operativo da AEI-Agri (GO) creado para levar a cabo proxectos de modernización no sector agroalimentario ou forestal.
- Aceptanse grupos operativos da AEI constituídos como entidades xurídicas.
- Os membros do grupo operativo poden ser: produtores agrarios e forestais, as súas agrupacións ou asociacións, empresas ou industrias do sector agroalimentario e forestal (pemes), cooperativas agrarias e as súas asociacións ou federacións, comunidades de regantes, centros de investigación e experimentación, centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades dedicadas á innovación, investigación e/ou experimentación en áreas agropecuarias, forestais, agroindustriais ou de calidade agroalimentaria, e asesores e/ou axentes de innovación.
A convocatoria diríxese a grupos operativos da AEI-Agri e aos seus membros que cumpran cos requisitos mencionados.
Actividades elixibles
Xestión sostible dos recursos naturais:
- Desenvolvemento de sistemas de produción agro-silvopastorís con alta diversidade e manexo ecolóxico ou integrado.
- Programas para a sanidade animal e vexetal e o uso sostible de produtos fitosanitarios.
- Xestión de recursos hídricos agrícolas e tecnoloxías de rego sostible.
- Estudo da eficiencia de uso de recursos en explotacións agrarias e mitigación do impacto ambiental.
- Xestión de fertilizantes en explotacións agrícolas.
- Medidas para a mitigación do cambio climático en explotacións agrícolas.
- Desenvolvemento de tecnoloxías para a mellora xenética de recursos animais e vexetais.
Sistemas agrarios de produción:
- Mellora da sostibilidade e competitividade na agricultura, gandería e produción forestal.
- Tecnoloxías de produción de baixo impacto ambiental e produción ecolóxica.
- Estudo e manexo sostible de pragas e enfermidades na sanidade vexetal.
- Preservación e mellora da fertilidade do solo.
- Mellora de cultivos de cereais e leguminosas.
- Desenvolvemento e uso de bancos de xenética para mellorar a produción agraria.
- Métodos de control de patoloxías en producións animais.
Cadena agroalimentaria:
- Tecnoloxías para mellorar a calidade, seguridade e autenticidade na cadea alimentaria.
- Medición da pegada de carbono ao longo da cadea alimentaria.
- Uso de marcadores para confirmar calidade e autenticidade dos alimentos.
Bioeconomía:
- Custos de produción en sistemas agrícolas, gandeiros e forestais en áreas con limitacións naturais.
- Investigación socioeconómica e apoio a decisións en políticas agrarias para o desenvolvemento sostible da poboación rural.
- Tecnoloxías para medir o impacto da investigación agraria no desenvolvemento e competitividade.
- Métodos e ferramentas para transferir resultados de investigación a innovacións no sector agroindustrial galego.
Aplicación de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao sector agrícola.
Outras iniciativas relacionadas coa produtividade, sostibilidade e innovación agrícola e forestal.
Duración da iniciativa de cooperación: Tres anualidades.
Gastos elixibles
Costes directos:
- Gastos de persoal técnico propio que participe no proxecto, calculados en base a importes por hora traballada e categoría laboral.
- Material inventariable, como equipos e equipamento necesarios para a realización do proxecto, con posibilidade de subvencionar os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto se o material se utilizará despois da súa finalización.
- Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.
- Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
- Material fungible necesario para a execución do proxecto.
- Viaxes e dietas relacionados coa execución do proxecto.
- Gastos relacionados coa organización de xornadas, asistencia a congresos ou feiras, e divulgación de resultados.
- Custos derivados do aluguer de equipos, instalacións ou fincas destinados ao proxecto.
- Gastos relacionados coa protección de resultados, incluído o rexistro de patentes.
- Custos derivados da contratación dun axente de innovación.
Costes indirectos:
- Subvencionarase un 15% do importe dos costes directos de persoal imputados ao proxecto.
- Colaboracións dos membros do grupo operativo non beneficiarios:
- Os gastos de colaboración poden incluír calquera dos conceptos mencionados nos costes directos.
Non subvencionable:
- Non serán subvencionables os gastos correspondentes a actividades anteriores á presentación da solicitude de axuda.
- IVE será subvencionable se é real e definitivamente soportado polo beneficiario e non é recuperable.
- Non serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin á investigación independente.
- Non se subvencionarán proxectos de procesos de transformación nin de industrias agroalimentarias. Os proxectos deben estar relacionados coa produción agrícola, forestal e agroalimentaria, e centrados na innovación, investigación e desenvolvemento no ámbito rural de Galicia.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
Tipo de axuda: 100% dos custos subvencionables
Cantidade: A cantidade máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 140.000 euros. Esta cantidade inclúe o máximo de 3.000 euros para a fase de preparación.
Presentación de solicitudes
Data de finalización: 26/02/2024