Axudas para a financiación de proxectos de inversión empresarial e de equipamento produtivo (IG408A)

Obxecto da axuda

Concesión de axudas ou préstamos parcialmente reembolsables para a financiación de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

  1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
  2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Organismo convocante

IGAPE

Beneficiarios

  1. Pequenas e medianas empresas (pemes) que leven a cabo investimentos en centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo as normas establecidas nas bases.
  2. Empresas que se axusten á definición de pemes da Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 na data de solicitude, incluíndo persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens, ou outras unidades económicas sen personalidade xurídica que poidan levar a cabo proxectos ou actividades subvencionables. No caso de agrupacións, deben nomear un representante e non poden disolverse até que pase o prazo de prescrición definido na Lei 9/2007 (artigos 35 e 63).

Actividades elixibles

Proxectos de Investimento Empresarial Xerais (I.1)

  • Tipoloxía de Proxectos Subvencionables (A.1):
    • Creación dun novo establecemento.
    • Ampliación da capacidade dun establecemento existente.
    • Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos novos.
    • Cambio fundamental no proceso global de produción.
    • Requisitos Específicos da Tipoloxía de Proxecto (A.2):
    • Para proxectos de creación dun novo establecemento, debe ser o primeiro ou nunha ubicación diferente con ampliación de capacidade.
    • En proxectos de diversificación, o investimento debe superar o 200% do valor neto contable de activos reutilizados.
    • Proxectos de cambio fundamental no proceso global de produción deben implicar innovacións na organización do traballo, sistemas de produción ou integración de áreas funcionais.
    • Dimensión do Proxecto de Investimento (A.3):
    • Importe de investimento subvencionable entre 50,000 € e 900,000 €.

Actividades Subvencionables (B):

Subvencionaranse proxectos relacionados con actividades en diversas áreas, segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) 2009. Estas actividades inclúen, entre outras:

  • Industrias extractivas.
  • Industria da alimentación e bebidas.
  • Industria textil e confección de prendas de vestir.
  • Industria do coiro, calzado, madeira e papel.
  • Industria química, farmacéutica e produtos plásticos.
  • Fabricación de produtos metálicos, electrónicos e maquinaria.
  • Fabricación de mobiliario e outras industrias manufactureras.
  • Reparación e instalación de maquinaria e equipamento.
  • Tratamento de residuos e almacenamento.
  • Actividades cinematográficas, telecomunicacións e ensaios técnicos.
  • Aluguer de maquinaria e equipamento.
  • Actividades de envasado e empaquetado.

Nota: Algúns actividades teñen excluídos específicos dentro das súas categorías.

Gastos elixibles

Conceptos de investimento subvencionables:

  1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
    1. Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións en propiedades ou terreos da persoa solicitante con vixencia mínima de 5 anos desde a finalización do proxecto.
      1. Coste subvencionable segundo módulos para diferentes tipos de construcións.
    2. Reformas en inmobles alugados con vixencia mínima de 5 anos desde a finalización do proxecto (60% dos módulos).
    3. Adquisición de edificacións novas ou usadas (importe menor entre o valor de tasación e o valor de adquisición).
    4. Construcións por cambio de emprazamento (diferenza entre prezo de adquisición de novos activos e valor dos antigos).
  2. Bens de equipo: Maquinaria, instalacións específicas, ferramentas, vehículos, medios de protección ambiental e outros bens relacionados coa actividade.
  3. Outras inversións en activos fixos: Mobiliario, equipos de información, envases ou embalaxes considerados como inmobilizado.
  4. Aplicacións informáticas: Deben ser utilizadas exclusivamente no establecemento beneficiario, ser amortizables, adquiridas en condicións de mercado e permanecer vinculadas ao proxecto durante polo menos 3 anos.
  5. Adquisición de bens dun establecemento: Subvencionable se cumpren certos requisitos, como a adquisición a terceiros non relacionados, declaración sobre a orixe dos bens e prezo non superior ao valor de mercado.

Simetría entre investimento infraestrutural e bens de equipo:

  • Os proxectos deben ter unha relación máxima de 3:1 entre o investimento infraestrutural (obra civil, etc.) e o investimento en bens de equipo (M).
  • Non se subvencionarán bens suntuarios nin aqueles cun custo significativamente superior a alternativas funcionais.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo de axuda: subvención.

  • Investimento mínimo subvencionable: 25.000 € para a modalidade I.2 e 50.000 € para a modalidade I.1 (anexo I das bases), cun máximo de 900.000 €. O IVE non é considerado como gasto subvencionable.
  • Proxectos con investimento igual ou superior a 500.000 € poden solicitar préstamo parcialmente reembolsable.
  • A persoa beneficiaria debe aportar polo menos o 25% dos custos subvencionables, xa sexa con recursos propios ou financiación externa sen axudas públicas.

Cantidade da axuda:

A cantidade da axuda calcúlase multiplicando o investimento subvencionable por un porcentaxe de subvención. Este porcentaxe de subvención determinase en función dunha serie de criterios de avaliación. A continuación, detállanse os porcentaxes de subvención máximos para diferentes tipos de empresas:

  • Microempresas: Ata un máximo do 35% do investimento subvencionable.
  • Pequenas empresas: Ata un máximo do 35% do investimento subvencionable.
  • Medianas empresas: Ata un máximo do 25% do investimento subvencionable.

Os porcentaxes de subvención determinanse mediante a avaliación de varios criterios, que inclúen o tamaño da empresa, a mantemento do emprego, a creación de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, a aportación de certificación medioambiental relacionada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e a ubicación do proxecto nun concello declarado como concello emprendedor.

É importante destacar que estes porcentaxes máximos son aplicables ao investimento subvencionable, e a cantidade exacta da subvención calcularase especificamente para cada proxecto en función dos criterios e puntuacións obtidas na avaliación.

Presentación de solicitudes

Prazo de presentación ata o 31/10/2023 14:00

Event Schedule Details

  • 31 Outubro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario