A finalidade destas axudas é promover a realización de proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental en empresas e noutras entidades do entorno socioeconómico (entidades privadas sen ánimo de lucro e administracións públicas, que poidan desenvolver un proxecto de I+D+i destinado á transferencia de coñecemento), nos que se enmarque unha tesis doutoral, co fin de favorecer a inserción laboral de persoal investigador nestas entidades dende os inicios das súas carreiras profesionais, contribuir á empregabilidade destes investigadores e investigadoras e promover a incorporación de talento no tecido productivo e socioeconómico para elevar a competitividade do mesmo.
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación.
Entidades que no momento da presentación da solicitude de axuda, teñan residencia fiscal ou un establecemento permanente en España e que teñan capacidade de contratación laboral:
a) Empresas, entre as que se inclúen as empresas «spin-off» e as Xóvenes Empresas Innovadoras.
b) Entidades privadas sen ánimo de lucro e administracións públicas que nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxeto social non teñan a I+D+i entre os seus fins nin como actividade a desenvolver. Así mesmo, deberán poder desenvolver un proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental destinado á transferencia de coñecemento.
a) Gastos derivados da contratación da persoa seleccionada. A axuda anual para cada un dos contratos dependerá do tipo de proxecto e da entidade beneficiaria, tendo en conta que a intensidade das axudas non poderá superar os valores indicados neste apartado.
b) Gastos de mobilidade. Outorgarase unha única axuda de 5.500€ por cada persoa contratada, para o financiamento dunha ou varias estancias, que realicen ditas persoas, en entidades de I+D diferentes ás que estean adscritos con fin de que dito persoal poida realizar actividades formativas que permitan impulsar o desenvolvemento do proxecto de investigación e/ou a tese doutoral.
c) Outros gastos de execución do proxecto. Otorgarase unha axuda en función do presuposto solicitado para outros gastos de execución do proxecto de I+D en cuxa realización participará a persoa proposta e da intensidade de axuda, cun máximo financiable de 40.000€ por proxecto.
a) Axudas económicas en forma de subvención que permitan ás empresas facer fronte aos custos derivados do proceso de innovación, as cales non poderán ser superior a 40.000€ por empresa beneficiaria.
b) Axudas en especie que consisten nun programa de acompañamento para as empresas beneficiarias, con asesoramento individualizado e formación específica sobre aqueles aspectos clave para abordar o obxcetivo plantexado, e que non poderán ser superiores a 10.000€, por empresa beneficiaria, no seu equivalente a subvención bruta.
O prazo de presentación das solicitudes de participación será dende o 21 de xaneiro ata o 6 de marzo de 2025 ás 14:00 horas pola sede electrónica do ministerio.