Axudas para a formación de doutores e doutoras en empresas e outras entidades (Doutorados Industriais) 2024

Obxecto da axuda

Axudas dunha duración de catro anos para distintos tipos de entidades cuxa finalidade é promover a realización de proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental, nos que se enmarque unha tese doutoral, co fin de favorecer a inserción laboral de persoal investigador desde os inicios das súas carreiras profesionais, contribuír á empregabilidade destes investigadores e investigadoras e promover a incorporación de talento no tecido produtivo para eleva-la competitividade deste.

Organismo convocante

Agencia Estatal de Investigación

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas as empresas, entre as que se inclúen as empresas «spin-off» e as Jóvenes Empresas Innovadoras, e as entidades privadas sen ánimo de lucro e administracións públicas que nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxecto social non teñan a I+D+i entre os seus fins nin como actividade que se vai desenvolver, que deberán poder desenvolver un proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental destinado á transferencia de coñecemento.

Todas elas deben estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude da axuda, ter residencia fiscal ou un establecemento permanente en España e capacidade de contratación laboral.

Actividades elixibles

Proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental, nos que se enmarque unha tese doutoral.

O proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental pódese executar na súa totalidade na entidade solicitante ou en colaboración con outra entidade, pública ou privada.

Gastos elixibles

  1. Custos directos de execución do proxecto por parte da entidade beneficiaria:
    1. a) Gastos derivados da contratación da persoa seleccionada.
    2. b) Gastos de mobilidade para o financiamento dunha ou varias estadías, que realicen as ditas persoas, en entidades de I+D diferentes a que estean adscritos.
    3. c) Outros gastos de execución do proxecto.
  2. Gastos de matrícula nas ensinanzas de doutoramento.

Tipo, contía e intensidade da axuda

Subvención en concorrencia competitiva.

  1. Gastos derivados da contratación da persoa seleccionada: O custo de contratación máximo financiable anual por axuda será de 30.000 euros, sen prexuízo de que a retribución bruta que figure no contrato poida resultar nun gasto de contratación superior. A retribución salarial mínima durante este respecto, que se deberá indicar en cada contrato, será de 22.500 euros brutos anuais.
  2. Gastos de mobilidade: única axuda de 5.500 euros.
  3. Outros gastos de execución do proxecto. Outorgarase unha axuda en función do orzamento solicitado para outros gastos de execución e a intensidade de axuda, cun máximo de 40.000 euros por proxecto.
  4. Gastos de matrícula nas ensinanzas de doutoramento: única axuda de 1.500 euros por cada persoa contratada, para financia-los gastos de matrícula nas ensinanzas de doutoramento nunha universidade española.

Presentación de solicitudes

Prazo de presentación ata 4 de xuño de 2024 ás 14:00 horas (hora peninsular).

Event Schedule Details

  • 4 Xuño 2024
Compartir
Engadir ao Calendario