Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de Bonos de innovación

Obxecto da axuda

Axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) destinadas ao financiamento de bonos de innovación cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e procédese á súa convocatoria para o ano 2023.

Nesas axudas diferéncianse tres tipos de bonos de que se agrupan nas seguintes liñas:

  • Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación,
  • Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación encamiñadas á:
  • Tipo A. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador
  • Tipo B. Tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.

Organismo convocante

Axencia Galega de Innovación

Beneficiarios

Microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda. Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:

  • Liña 1: Microempresas e pequenas empresas. Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica
  • Liña 2: Microempresas, pequenas e medianas empresas. Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica.

Actividades elixibles

Custos de contratación de servizos externos efectuados desde a data de presentación da solicitude e ata o 6 de outubro de 2023

Calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude.

As actuacións deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027:

  • Para a liña 1, as actividades serán unha ou máis actividades que estarán incluídas nunha memoria descritiva e cun impacto contrastable na empresa. As actividades se realizarán mediante a contratación de servizos de apoio á innovación.

Se admitirán aquelas solucións innovadoras baseadas en interconexión do mundo físico e virtual a través de realidade aumentada, a impresión 3D, a automatización avanzada e robótica, así como internet das cousas, sistemas de intelixencia artificial e ciberseguridade.

  • Liña 2: Establécense dúas tipoloxías diferentes: Tipo A (contratación dos servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións da seguridade social de persoal investigador cun límite da axuda de até 5.000,00 €.) e Tipo B (contratación de servizos para a tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais cun límite da axuda de até 5.000,00 €)

Gastos elixibles

  • Liña 1: Custos da protección do coñecemento da innovación industrial nas empresas, custos de xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, custos das accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos incluíndo estudos de viabilidade tecnolóxica e industrial, estudos de mercado, ensaios, validacións e testeo de produtos ou servizos
  • Liña 2: Tipo A (custos da tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións de persoal investigador tanto os relativos á entidade certificadora acreditada por ENAC, como os relativos a servizos de consultoría ou profesionais. Tipo B (custos da tramitación de novas solicitudes de propostas de I+D+i)

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de ayuda: Subvención non reembolsable
  • Contía: A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario determinarase sobre o investimento total:
  • Liña 1: Investimento (de 15.000 € ata 50.000 €) e subvención de 7.500 € ata 35.000€
  • Liña 2: Investimento (sen límite) e subvención máximo de 5.000 €
  • Intensidade de axuda:
  • Liña 1: 70% con carácter xeral, excepto para os custos de protección de coñecemento que será do 50%
  • Liña 2: 70%
  • Orzamento subvencionable: mínimo de 15.000,00 € e dun máximo de 50.000,00 €

Presentación de solicitudes

Data límite para solicitudes: 9/04/2023. Forma de tramitación: a través da web da Xunta de Galicia.

Event Schedule Details

  • 9 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario