Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial en Galicia

Obxecto da axuda

Subvencións ano 2019-2020 Programa Estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria en Galicia)

Organismo convocante

Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Beneficiarios

Empresas que teñan a consideración de PEME ou Gran empresa do sector industrial sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia.

As empresas de servicios enerxéticos deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no primeiro punto.

Actividades elixibles

Asactuacións deberán conseguir unha redución das emisións de dióxido de carbono e do consumo de enerxía final, xustificando o aforro enerxético e a redución das emisións de CO2.

Poderán obter dereito á subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no anexo IV do Real decreto 263/2019 do 12 de abril e executense dentro do territorio de Galicia e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

  • Medida 1: Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
  • Medida 2: Implantación de sistemas de xestión enerxética.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo sitio e que se valorarán de forma conxunta

Gastos elixibles

Cómpre de investimento necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética:

  • Investimentos en substitución de equipos e instalacións consumidores de enerxía por outros que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia enerxética co obxecto de reducir o consumo de enerxía final e as emisións de CO2 en instalacións industriais.
  • Investimentos na redución do consumo de enerxía final mediante a implementación ou mellora dos sistemas de xestión enerxética.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe de ser de:

  • 000 euros por actuación para a Medida 1, Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais,
  • 000 euros por actuación no caso da Medida 2, Implantación de sistemas de xestiónenerxética.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
  • Contía: 1.000.000 euros por proxecto que se poderá aumentar ata 2.000.000 euros naquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético
  • Intensidade de axuda: o mínimo entre o 30 % do investimento elixible do proxecto e a cantidade que resulte de aplicar ao custo subvencionable o 35% para gran empresa, e 45% para mediana empresa e o 55% para pequena empresa.

Presentación de solicitudes

Data límite para solicitudes: 30-06-2024. Forma de tramitación: A través de la web del Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

Event Schedule Details

  • 30 Xuño 2024
Compartir
Engadir ao Calendario