Obxecto da axuda
Axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C); adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Organismo convocante
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Beneficiarios
Pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas:
- No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
- Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras
- Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades públicas, empresas ou grupos de empresas que xa foron beneficiarias; da liña I aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade; da liña II aquelas empresas da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC).
Actividades elixibles
- Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)
Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
- Liña II. Conciliación (TR357D): Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo; Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria; Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
- Liña III. Certificacións de RSE (TR357B): Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 19600, SGE 21, global accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable e, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).
Gastos elixibles:Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero, os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa, a contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade
Será subvencionable a adquisición de computador persoal, medios materiais para o acceso á internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas que se vaian desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo,
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Subvención ou incentivo
- Orzamento total desta orde de axudas ascende a 1.400.000 euros:
- Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C): 000 €. Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.
- Liña II. Conciliación (TR357D)
- Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo: 000 €. Incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
- Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria: 000 € – 450.000 €. Incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.
- Subliña 3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo: 000 €. Subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.
- Liña III. Certificacións de RSE (TR357B): 000 €. pagamento do 80 % dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.
- Intensidade de axuda: Ata o 80 % dos custos
Presentación de solicitudes
Data límite para presentar solicitudes: 10/03/2023. Forma de tramitación a través dos formularios normalizados (anexos I, II ou III) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.