Axudas para o emprendemento

Obxecto da axuda

Facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao aumento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio á financiación da inversión realizada e pagada.

Organismo convocante:      

XUNTA DE GALICIA – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Beneficiarios

Os interesados en solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  • Figurar inscritos como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
  • Ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.
  • Non ter sido beneficiario de XEMPRE EMPRENDEMENTO na convocatoria do ano 2022.
  • Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  • Estar ao corrente no pago das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
  • Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Gastos elixibles

Os gastos subvencionables terán que ser realizados e pagados a partir do 5 de novembro de 2022 e ata a solicitude da axuda (límite 29 de setembro de 2023). TODO O QUE SE INCLUA NA SOLICITUDE TEN QUE ESTAR PAGADO CON ANTERIORIDADE.

É gasto subvencionable:

  • Equipamento informático (excluídos móbiles e smartphones)
  • Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira como poden ser.
    • A propiedade ou o dereito ao uso de programas informáticos, incluída a subscrición a software estándar do mercado durante o período subvencionable.
    • Gastos de creación e desenvolvemento de programas informáticos á medida.
    • Páxinas web.
    • Patentes, licenzas e coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual.
    • Calquera outro activo intanxible que encaixe na definición.
  • Investimentos en eficiencia enerxética: todo aquela compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético como o cambio de sistemas de iluminación ou cambios de maquinaria e instalacións.
  • Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: enténdese por tal o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.
  • Adquisición de bens de equipamento e mobiliario:
    • Maquinaria, bens de equipamento ou ferramentas mediante as cales se mellore o proceso produtivo.
    • Equipos e medios de transporte interno.
    • Medios de protección do medio ambiente.
    • Outros bens de equipamento.
  • Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio: obras que consisten normalmente en reparacións, decoracións ou ornamentos (incluída a rotulación) que non modifican a estrutura construtiva do local (incluída a rotulación).

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo de ayuda:

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva (Orde de Entrada). Axuda en réxime de minimis

  • Cuantía:
RANGO DE INVERSIÓN PORCENTAJE DE INVERSIÓN SUBVENCIONABLE LIMITES DE SUBVENCIÓN
Inversión Mínima Inversión Máxima
Entre 5.000€ y 10.000€ El 60% de la inversión 3.000€ 6.000€
Entre 10.001€ y 30.000€ El 50% de la inversión 5.001€ 15.000€
Entre 30.001€ y 50.000€ El 40% de la inversión 12.000€ 20.000€
Entre 50.001€ y 100.000€ El 30% de la inversión 15.000€ 30.000€

Presentación de solicitudes

Fecha límite para presentar solicitudes o 29 de setembro de 2023. Forma de tramitación por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Event Schedule Details

  • 29 Setembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario