Axudas para o financiamento de infraestruturas de investigación, adquisición de equipamento científico-técnico e proxectos de I+D en 5G avanzado do Programa Único I+D 6G 2023

Obxecto da axuda

A concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para os seguintes subprogramas presenta os seguintes obxectivos:

  • Subprograma de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico: construír, prover e actualizar as infraestruturas científicas e técnicas e o equipamento científico-técnico para a execución da investigación de calidade no ámbito das tecnoloxías 5G avanzado e 6G.
  • Subprograma de proxectos de I+D en 5G avanzado: financiamento de proxectos de investigación industrial e proxectos de desenvolvemento experimental en materia de 5G avanzado, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Axenda España Dixital 2025 e a Estratexia de Impulso da Tecnoloxía de 5G.

Organismo convocante

Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiario das axudas, sempre que cumpran os requisitos exixidos en cada caso, as seguintes persoas xurídicas que estean validamente constituídas e teñan domicilio fiscal en España:

  • Subprograma de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico: organismos públicos de investigación, universidades públicas, centros públicos de I+D+i con personalidade xurídica propia, entidades do sector público
  • As entidades beneficiarias deberán formar parte do sector público institucional e estar inscritas no Inventario de Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local
  • Os proxectos deberanse desenvolver na modalidade individual
  • Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas e requisitos recollidos nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras
  • Subprograma de proxectos de I+D en 5G avanzado: empresas excepto entidades do sector público, entidades privadas, entidades sen ánimo de lucro que exerzan actividade económica.
  • Os proxectos deberanse desenvolver na modalidade individual
  • Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas e requisitos recollidos nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras
  • Os beneficiarios terán a obriga de informar das modificacións estruturais societarias

As condicións para seren beneficiario son: acreditar non encontrarse incursos nas circunstancias recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea, non encontrarse en situación de crise, acreditar solvencia económica, financeira, técnica e profesional.

Entenderase que unha empresa ten capacidade de abordar o proxecto se cumpre algún dos seguintes criterios:

  • O volume anual de negocio da entidade solicitante, referido ao último exercicio pechado deberá ser igual ou maior que o 50% do orzamento total do proxecto ou conxunto de proxectos.
  • Os fondos propios da entidade solicitante no último exercicio pechado deberán ser iguais ou maiores que o 50% do orzamento total do proxecto ou conxunto de proxectos.
  • O volume de negocio medio dos tres últimos exercicios pechados deberá ser maior ou igual que o 50% do orzamento total do proxecto ou conxunto de proxectos.
  • Achegando o xustificante dunha garantía depositada na Caixa Xeral de Depósitos polo 50% da axuda total solicitada.

Actividades elixibles

Para o Subprograma de proxectos de I+D en 5G avanzado serán obxecto de axuda os seguintes tipos de proxectos:

  • Investigación industrial: investigación planificada ou os estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes (creación de compoñentes de sistemas complexos, a construcción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto)
  • Desenvolvemento experimental: a adquisición, a combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Pode comprende-la creación de prototipos, a elaboración de proxectos piloto, ensaio e validación de productos, procesos ou servicios novos ou mellorados.

Os ámbitos temáticos poden ser: tecnoloxías e técnicas de procesamento de sinais, tecnoloxías radio en mmW, tecnoloxías ópticas e fotónica, machine learning, redes non terrestres con soporte satelital, mellora dos sistemas RAN, control de rede, SBA, xestión de recursos zero-touch, redes deterministas, Edge Computing, realidade estendida, privacidade e seguridade.

Non se financiarán actuacións que, directa ou indirectamente, ocasionen un prexuízo significativo ao medio ambiente («principio DNSH», polas súas siglas en inglés)

Gastos elixibles

Custos relacionados co desenvolvemento e execución das actividades para as que fosen concedidas nos termos previstos no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Para as axudas outorgadas a organismos de investigación e de difusión de coñecementos e infraestruturas de investigación: custos de persoal, custos de mobilidade, custos de inmobilizado material (obra civil, adquisición, construción, montaxe, transporte, instalación, actualización de infraestruturas científico-técnicas incluíndo servidores informáticos e redes de comunicación), subministracións,  custos de adquisición de activos inmateriais, custos de solicitude de dereitos de propiedade industrial e intelectual, custos de investigación contractual, coñecementos e patentes, custos de consultoría de xestión, estudios, difusión, publicidade e custos asociados ó informe de auditoría contable.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: subvención en réxime de concorrencia competitiva
  • Contía total máxima: 62 millóns de euros (Subprograma de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico: 12,4 millóns de euros; Subprograma de proxectos de I+D en 5G avanzado: 49,6 millóns de euros)
  • Intensidade de axuda:
    • Organismos de investigación: ata 100%
    • Empresas: 40%-80%
  • Orzamento mínimo: 000 euros – 2.000.000 euros

Presentación de solicitudes

Presentación de solicitudes do 21/03/2023 ata o 13/04/2023. Forma de tramitación: a través da web do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.

Event Schedule Details

  • 13 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario