Obxecto da axuda
Axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2023.
Organismo convocante
Consellería do Medio Rural
Beneficiarios
Empresarios individuais ou as sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.
Actividades elixibles
- Investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.
- Investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final (cando a súa cantidade ou o seu valor económico total non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final)
- Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do tratado).
Non obstante, non serán apoiables:
- Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
- No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 €
- Actividades relativas á produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros, así como as realizadas nunha explotación agraria
- Investimentos relativos a actividades de venda polo miúdo/por xunto
- No sector da alimentación animal os investimentos en instalacións dedicadas a elaboración de produtos para animais de compañía e cría de peixes, novas fábricas de pensos (salvo productos ecolóxicos).
- No sector cárnico os investimentos en novos matadoiros de gando porcino, bovino e polos, salvo que deriven do traslado doutro matadoiro existentes en Galicia
Gastos elixibles
- A construción, adquisición e mellora de bens inmobles
- A compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
- Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
- Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: subvención e/ou unha garantía para préstamo
- Garantías de préstamos: do 80 % do risco inherente a cada préstamo formalizado destinado a financiar os proxectos de investimento
- Contía: entre 000 € – 600.000 € aplicables por tramos do investimento subvencionable total, e establecidos en función da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración:
- Ata 2 mill. € : 500.000 € -600.000 €
- Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. €:000€ – 500.000 €
- Exceso 4 mill. €: 000 €
- Exceso de 30 mill. €:000 €
Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicará ningunha limitación do importe de subvención por tramos de investimento.
o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 €
o importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de nove millóns de euros.
- Intensidad de ayuda:
- Microempresas e pequenas empresas: 35-50%
- Empresas medianas: 25-50%
- Empresas non microempresas nin pequenas ou medianas: 15-50%
Presentación de solicitudes
Data límite para solicitudes: 28/01/2023 – 30/03/2023. Forma de tramitación: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia