Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

Obxecto da axuda

Axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2023.

Organismo convocante

Consellería do Medio Rural

Beneficiarios

Empresarios individuais ou as sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Actividades elixibles

  • Investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.
  • Investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final (cando a súa cantidade ou o seu valor económico total non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final)
  • Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do tratado).

Non obstante, non serán apoiables:

  • Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
  • No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 €
  • Actividades relativas á produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros, así como as realizadas nunha explotación agraria
  • Investimentos relativos a actividades de venda polo miúdo/por xunto
  • No sector da alimentación animal os investimentos en instalacións dedicadas a elaboración de produtos para animais de compañía e cría de peixes, novas fábricas de pensos (salvo productos ecolóxicos).
  • No sector cárnico os investimentos en novos matadoiros de gando porcino, bovino e polos, salvo que deriven do traslado doutro matadoiro existentes en Galicia

Gastos elixibles

  1. A construción, adquisición e mellora de bens inmobles
  2. A compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
  3. Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
  4. Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: subvención e/ou unha garantía para préstamo
  • Garantías de préstamos: do 80 % do risco inherente a cada préstamo formalizado destinado a financiar os proxectos de investimento
  • Contía: entre 300.000 € – 600.000 € aplicables por tramos do investimento subvencionable total, e establecidos en función da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración:
    • Ata 2 mill. € : 500.000 € -600.000 €
    • Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. €: 400.000€ – 500.000 €
    • Exceso 4 mill. €: 300.000 €
    • Exceso de 30 mill. €: 300.000 €
  • Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicará ningunha limitación do importe de subvención por tramos de investimento.
  • O importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 €
  • O importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de nove millóns de euros.
  • Intensidad de ayuda:
    • Microempresas e pequenas empresas: 35-50%
    • Empresas medianas: 25-50%
    • Empresas non microempresas nin pequenas ou medianas: 15-50%

Presentación de solicitudes

Data de finalización: 29 de marzo do 2024

Event Schedule Details

  • 29 Marzo 2024
Compartir
Engadir ao Calendario