Apoiar investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrarios en Galicia, cofinanciados polo FEADER, para mellorar a competitividade, a eficiencia enerxética, a innovación e o desenvolvemento económico do sector agroalimentario.
Xunta de Galicia – Consellería do Medio Rural.
Empresarios individuais ou sociedades que sexan (ou vaian ser) titulares de instalacións en Galicia para transformar e/ou comercializar produtos agrarios, e que asuman a carga financeira do investimento. Dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do Anexo I do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.
Modalidades:
Investimentos dirixidos a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro na industria, investimentos no procesamento de biomasa agrícola para a produción de enerxía, así como a incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria. En xeral, investimentos que permitan mellorar a eficiencia enerxética.
| Puntuación | % subvención |
| 77 ou máis | 50 % |
| 66–76 | 45 % |
| 55–65 | 40 % |
| 44–54 | 35 % |
| 31–43 | 30 % |
| 20–30 | 25 % |
| Menos de 20 | 0 % |
Investimentos no ámbito da transformación e da comercialización de produtos agroalimentarios que busquen mellorar o rendemento e o desenvolvemento económico das empresas; fomentar produtos de calidade; mellorar a seguridade alimentaria; favorecer a creación de cadeas curtas de comercialización; potenciar a innovación e a transformación dixital; o desenvolvemento de novos produtos; a procura de novos mercados e a valorización de subprodutos agrarios.
| Puntuación | % subvención |
| 86 ou máis | 50 % |
| 71–85 | 45 % |
| 56–70 | 40 % |
| 46–55 | 35 % |
| 31–45 | 30 % |
| 20–30 | 25 % |
| Menos de 20 | 0 % |
Serán subvencionables os investimentos en activos fixos para a creación, ampliación e modernización de instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no Anexo I do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, agás os produtos da pesca.
Porcentaxe máximo (segundo produto final e tamaño da empresa):
Porcentaxe efectivo por puntuación (baremo):
Extra: +5% se é cooperativa agraria galega (ou participada maioritariamente por cooperativas/OPs de Galicia), sen superar os máximos.
Límites de importe da axuda:
(Ver criterios de puntuación en base aos Anexos III, IV e V da orde de axuda)
Prazo: do 17/01/2026 ao 16/02/2026.









