Axudas para pemes de transformación dos produtos pesqueiros e acuicultura

Obxecto da axuda

Estas axudas están destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan á seguridade alimentaria na Unión Europea.

Organismo convocante

Convocado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Beneficiarios

Ser unha PEME do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura ou ser unha entidade asociativa do sector transformador dos produtos pesqueiros e acuícolas.

Actividades elixibles

Investimentos que fomenten:

  • A calidade e valor engadido dos produtos.
  • Aumenten a eficiencia enerxética, reduzan o impacto no ambiente ou melloren a mobilidade sostible da distribución de produtos da pesca.
  • Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.
  • Favorezan a economía circular mediante: a prevención, a optimización de procesos, a minimización dos residuos (ecodeseño e ecoeficiencia), o aproveitamento comercial das capturas non desexadas e subprodutos, o uso de descartes para o desenvolvemento de subprodutos, etc.
  • Fomenten a transformación de produtos da acuicultura ecolóxica.
  • Fomenten a adaptación dos operadores aos requisitos de cumprimento e certificación.
  • Dean lugar a novos e mellores produtos e procesos ou a sistemas de xestión e organización perfeccionados en materia de transformación dos produtos.

Gastos elixibles

Serán subvencionables os investimentos citados anteriormente e tamén o gasto derivado da certificación ou da elaboración do informe dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC).

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo: Concorrencia competitiva – canónica.
  • Contía: O importe dos gastos subvencionables será o que se obteña da valoración das obras ou do investimento con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes técnicos emitidos.
  • Intensidade da axuda: A contía máxima da axuda será do 50 % do gasto máximo subvencionable.

Presentación de solicitudes

O prazo comeza o 9 de xaneiro e finaliza o 10 de febreiro de 2025.

Event Schedule Details

  • 10 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario