Axudas para potenciar o crecemento de empresas innovadoras (2025)

Obxecto da axuda

Esta tipoloxía de axuda ten como obxectivo potenciar a innovación en determinadas rexións españolas máis desfavorecidas e/o que atravesan especiais dificultades económicas, a través da mellora de capacidades de empresas que propoñan proxectos de investimento tecnolóxicamente innovadores que faciliten o seu crecemento.

Organismo convocante

Convocado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e o CDTI.

Beneficiarios

Pemes.

Actividades elixibles

Os proxectos de innovación tecnolóxica son proxectos individuais, realizados por empresas, con carácter aplicado, moi próximos ao mercado e con risco tecnolóxico medio/baixo, con facilidade de alcance dos obxectivos previstos tanto técnicos como comerciais e con curtos períodos de recuperación do investimento, que apoien á empresa na mellora da súa competitividade mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes. Poden ser:

  • Axudas ao investimento inicial:
    • A creación dun novo establecemento
    • A ampliación da capacidade dun establecemento existente
    • A diversificación da produción dun establecemento en produtos ou servizos que anteriormente non se producían ou prestaban no mesmo
    • Unha transformación fundamental do proceso global de produción do produto ou produtos ou da prestación global do servizo ou servizos afectados polo investimento no establecemento.
  • Axudas ao investimento inicial que crea unha nova actividade económica (o investimento en activos materiais e inmateriais relacionada con polo menos una das seguintes actividades):
    • A creación dun novo establecemento
    • A diversificación da actividade dun establecemento, a condición de que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica nin similar á realizada previamente no establecemento.

Gastos elixibles

A adquisición de activos fixos novos que supoñan unha innovación tecnolóxica e mellora de capacidades produtivas na empresa (grupo) que realiza o proxecto. O investimento poderá materializarse en activos fixos novos materiais e inmateriais:

  • «Activos Materiais»: activos consistentes en maquinaria e equipos
  • «Activos Inmateriais»: activos que non teñen unha materialización física ou financeira, como as patentes, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual ou industrial.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo: Préstamo con concesión directa – instrumental.
  • Contía: O orzamento mínimo dos proxectos de investimento será de 175.000€ e o máximo de 30.000.000€.
  • Intensidade da axuda: Cunha cobertura de ata o 75% do orzamento total.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente polos medios habilitados para iso na sede electrónica de CDTI (https://sede.cdti.gob.es).

A presentación de proxectos poderase realizar de forma continuada ao longo de todo o ano, ata esgotar a disponibilidade de fondos.

Event Schedule Details

  • 2025
Compartir
Engadir ao Calendario