A finalidade destas axudas é promover a realización de proxectos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou estudios de viabilidade previos en empresas, centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica, asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos, para os que sexa necesaria a contratación laboral de persoas co grado de doutor, co fin de favorecer a carreira profesional do persoal investigador, así como estimular a demanda no sector privado de persoal suficientemente preparado para acometer plans e proxectos de I+D, e axudar á consolidación de empresas tecnolóxicas de recente creación.
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e Axencia Estatal de Investigación.
a) As empresas, entre as que se inclúen as empresas «spin-off» y as Xoves Empresas Innovadoras.
b) Os centros tecnolóxicos.
c) Os centros de apoio á innovación tecnolóxica.
d) As asociacións empresariais.
e) Os parques científicos e tecnolóxicos.
As axudas deberán aplicarse para levar a cabo actividades de I+D adicionais respecto das que veña realizando a empresa, debendo xustificar na súa solicitude a necesidade e o efecto incentivador da axuda. As persoas que se contraten con cargo a estas axudas deberán participar na realización de proxectos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou en estudios de viabilidade previos, xa sexa de maneira individual como dentro dun departamento de I+D ou xunto a outro persoal da entidade beneficiaria, sempre que se cumpra co disposto respecto ao efecto incentivador.
As intensidades brutas máximas das axudas, como porcentaxe do custo da actividade incentivada, por categorías, son as seguintes:
Resérvase unha contía máxima de 400.000€ para a contratación de persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.
O importe total máximo das axudas poderá ser incrementado cunha contía adicional de ata 6.000.000€ cando se produza un aumento dos créditos dispoñibles antes da concesión das axudas.
O prazo de presentación das solicitudes de participación será dende o 18 de decembro de 2024 ata o 28 de xaneiro de 2025 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
A cumprimentación e envío telemático da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente polos medios electrónicos habilitados para iso na sede electrónica do ministerio.